O concello de Nigrán abre o xoves a inscrición para unha excursión á Feira da Estela (Portugal) o domingo 26 de abril

Redacción
Lectura mínima de 2

Está dirixido prioritariamente a persoas empadroadas no municipio maiores de 55 anos e ten un custe de 18,50 €

O Concello de Nigrán, dentro do seu programa de turismo social para maiores, ofrece unha excursión o domingo 26 de abril á feira portuguesa da Estela, en Povoa de Varzim, con parada na praia de Âncora. Está destinada a toda a veciñanza empadroada en Nigrán maior de 55 anos e ten un custe de 18,50 € por persoa en concepto de xantar. As inscricións serán por rigorosa orde o xoves 16 de abril de 9:00 a 12:00 no Centro Social de Vilameán (ao carón do Concello), podendo anotar cada interesado/a a un máximo de dúas persoas (sempre co DNI) e realizándose o pago mediante tarxeta.

Os asistentes a esta excursión, con saída en autobús ás 8:00 desde o Concello e chegada aproximada ás 21:30 horas, coñecerán este concorrido mercado tradicional que se celebra todos os domingos pola mañá e tarde na Rua dá Feira, en Estela, Póvoa de Varzim (Portugal). É moi popular polos seus produtos agrícolas locais, especialmente froitas, verduras e plantas, alén de roupa e produtos de granxa. Pola súa banda, Praia de Áncora é unha bonita vila de pescadores que pertence ao Concello de Caminha.

Comparte este artigo