As obras de rehabilitación arrancan a inicios de maio e implican a substitución da carpintería exterior, redistribución de espazos, disposición de aillamento, cambio da instalación eléctrica…
“Pese a ser unha administración pública fundamental para a veciñanza, gran parte do edificio vello mantén barreiras arquitectónicas incompatibles co ‘Nigrán para todos’ que estamos buscando, ademáis de ser totalmente ineficiente desde o punto de vista enerxético”, explica o alcalde, Juan González
O Concello de Nigrán ven de adxudicar por 783.500 € a Eiffage Energía a reforma da Casa Consistorial para facela máis accesible (funcional e cognitivamente) e gañar en eficiencia enerxética, sostibilidade e confort. Os traballos, que arrancan a primeira semana de maio, contan cun financiamento de 653.972 € a cargo do ‘Plan Provincia Extraordinario’ da Deputación de Pontevedra. Este investimento implicará, entre outros aspectos, o troco de toda a carpintería exterior, redefinición de espazos, dotación de aillamento e sistema de climatización ou cambio na instalación eléctrica e de iluminación. Consecuentemente, todas as dependencias das plantas superiores do vello edificio da Casa Consistorial serán trasladadas a diferentes espazos mentras que duren as obras (estimadas ata final de ano) ao resultar totalmente incompatibles con calquera outra actividade. Así, Alcaldía moverase para unha sala do Centro Social de Vilameán, as concellerías de Turismo, Deportes e Educación para o Centro Antena; e Urbanismo, Persoal e Medio Ambiente ou Vías e Obras e Seguridade para o departamento de Urbanismo, no edificio novo do Concello.
“Pese a ser unha administración pública fundamental para a veciñanza, gran parte do edificio vello mantén barreiras arquitectónicas incompatibles co ‘Nigrán para todos’ que estamos buscando, ademáis de resultar totalmente ineficiente desde o punto de vista enerxético, co despilfarro que iso supón”, explica o alcalde, Juan González.
O edificio consistorial foi construído a principios dos anos 60 segundo o proxecto do arquitecto Fernando Gallego, quen se inspirou na tradición señorial e rexionalista. Non foi ata os anos 80 que se realiza unha importante reforma asinada por Manuel Portolés, quen engade un novo corpo lateral mimetizando a pedra e a composición coa construción existente e integrando o soportal como superficie útil. Posteriormente fixéronse pequenas reformas e, na primeira década deste siglo, amplíouse cun volume independente que se conecta mediante unha pasarela. “Os edificios tamén envellecen, e á Casa Consistorial tocáballe xa unha reforma urxente para que siga sendo un lugar funcional. No seu interior está visiblemente deteriorada e non cumple con moitas normativas de accesibilidade”, explica o alcalde, quen sinala como aspectos da súa obsolescencia carecer de aseos adaptados, non dispor de sistema de climatización e ventilación ou ter unha entrada moi complicada para persoas con problemas de mobilidade.
O problema de despilfarro enerxético será solventado co cambio de carpintería exterior, aillamento da fachada e da cuberta e instalación de placas solares fotovoltaicas. “Suporá un aforro enerxético radical e, polo tanto, un paso máis a favor da sostibilidade ambiental que estamos a buscar en todas as infraestruturas municipais”, engade González, quen enmarca esta acción no ‘Pacto Europeo de Alcaldes polo Clima e a Enerxía’ para acadar unha reducción das emisións de CO2 nun 40% de aquí a 2030.
A reforma plantexada polo arquitecto Severo Fernández Castro se demorará durante un máximo de 7 meses que implicarán o traslado provisional da maioría das oficinas. As obras suporán tamén unha redistribución para facer máis funcionais os espazos de todos os andares superiores do vello edificio, onde figuran as estancias de Conserxería, Desenvolvemento Local, Unidade Central-Padrón, secretaría, prensa, turismo, deportes e despachos dos concelleiros do goberno e da oposición, prestando especial atención aos actuáis WC (todos inaccesibles para persoas con problemas de mobilidade) ou á zona da espera da veciñanza para facela máis confortable. As obras suporán tamén a instalación de pictogramas, sinais ou letreiros comprensibles tamén para persoas con diversidade, tal e como xa figura no primeiro andar desde 2015.

