Convoca un novo concurso público de aluguer de fincas no que se establece un máximo de 12.846 €/ano para 2.000 m² de terreo. Este leira-parking gratuíto sumaríase ao situada na rúa Vilameán en terreo municipal
Os pregos inclúen que se sitúe a un radio de 250 metros da Casa do Concello, mínimo de 2.000 m² de superficie e un prezo máximo de 3,90 €/m2/ano sen IVE, priorizándose na adxudicación a mellor oferta económica e a distancia con respecto ao Consistorio
“O obxectivo é contar antes do verán cun segundo espazo de estacionamento gratuíto que facilite á veciñanza acudir ao centro de Nigrán a facer recados, de lecer ou de compras”, explica o rexedor, Juan González
O Concello de Nigrán presiste no seu intento de sumar un novo leira-parking gratuíto no centro urbano que se sume ao situado desde o 2023 en 1.200 m² de terreo municipal na rúa Vilaméan. Con este obxectivo, hoxe publicouse no taboleiro da Sede Electrónica o anuncio coas bases do concurso público para adxudicar un contrato privado de arrendamento dunha parcela ubicada a non máis de 250 metros da Casa Consistorial. O procedemento, en aras da máxima transparencia e legalidade, é o mesmo que se seguíu no ano 2020 para alugar o da rúa Torriña (funcionou ata 2023, rexeitando a propiedade a prórroga). Os pregos novamente esixen que se sitúe a un radio de 250 metros da Casa do Concello, que teña un mínimo de 2.000 m² de superficie e sube o prezo máximo aos 3,90 €/m2/ano sen IVE. Os interesados que cumplan os requerimentos esixidos nas bases dispoñen ata o 3 de maio inclusive para presentar as súas ofertas, priorizándose na adxudicación a mellor rebaixa económica e a menor distancia con respecto ao Consistorio.
“O obxectivo é contar antes do verán cun segundo espazo de estacionamento gratuíto que facilite á veciñanza acudir ao centro de Nigrán a facer recados, de lecer ou de compras; é algo que favorece a vida diaria da xente, beneficia ao comercio e hostalaría e anima a deixar o coche nun punto e e botarse a camiñar”, sinala o alcalde, Juan González, quen estima en que se gañarán un mínimo de 100 prazas que se suman ás preto de 100 da rúa Vilamén, tamén a menos de 250 metros do Concello.
As características establecidas para esta parcela mantéñense iguais que no 2020 coa salvedade dun aumento do prezo máximo do arrendamento, que sube a 4,72 €/ m2 con IVE (o máximo establecido é de 14.160 € en 3.000 m², non pagándose máis por riba desa superficie). Así, figura novamente como imprescindible situarse nun radio de 250 metros medidos desde a porta ata a casa consistorial; acceso por vial público asfaltado e con iluminación pública e fronte mínima de 5 metros; topografía eminentemente chaira; solo rústico ou apto para desenvolver; ou superficie mínima de 2.000 m2 non sendo abonados nin empregados os metros cadrados que superen os 3.000 m². Finalmente, o contrato será renovable anualmente ata un máximo de 4 anos.
Con este aluguer, sumado ao leira-parking xa existente na rúa Vilameán, o goberno local outorgaría ao centro do municipio dunha capacidade de aparcamento tal que nutriría incluso as necesidades do verán, cando se multiplica a poboación. A maiores, e ademais da liña de autobús intramunicipal Nigranbus, compre recordar que na Ramallosa, o outro gran centro urbano do municipio, o Concello mentén desde 2022 operativo un parking 100% público e gratuíto cunha media de uso de 600 vehículos diarios.

