Un total de 14 colexios participaron no acto, que incluíu a lectura dun manifesto, a realización dun mural por cada centro educativo e, finalmente, baile e chocolate
O Concello de Nigrán foi esta mañá o epicentro da celebración do ‘Día Internacional da Discapacidade’ na comarca cunha gran chocolatada no Pavillón de Panxón á que acudiron mil escolares de 14 centros educativos do Miñor, desde Ifantil á ESO. Un ano máis, o CEE Juan María, ubicado na parroquia de Parada, liderou esta iniciativa que contou cunhas verbas do alcalde de Nigrán, Juan González; o de Gondomar, Francisco Ferreira, e a edil de Política Social de Baiona, Ana María Iglesias.
“Todos unidos somos importantes e xuntos queremos seguir sumando soños, cunha integración real de todas as persoas”, sinalou o rexedor, anfitrión deste evento no que o Concello de Nigrán asumíu a organización da chocolatada e os autobuses de todos os centros educativos do municipio.
A xornada continuou coa elaboración dun ‘mural da diversidade’ por parte de cada centro educativo, nel expresaron a sús visión ao respecto con debuxos e frases como ‘ser diferentes es una cualidad para llegar a ser increíbles’ ou ‘con axuda todo é posible’ (todos serán expostos no Centro Comercial Nasas esta tarde, ao carón da tenda de ‘Juan María sin Etiquetas’. Ao finalizar servíuse o chocolate e bailaron coa música que pinchou ‘Skandal DJ’.