O evento solidario inclúe Coro Covacanta e Pacheco Bros en sesión vermú e ‘Los del Barrio’ e ‘Grupo América’ xa pola tarde-noite
O Concello de Nigrán colabora un ano máis coa II edición de ‘Vibra Nigrán’, un festival solidario que terá lugar este domingo 24 de maio no campo de fútbol de Lourido, ao pé de Praia América. Baixo o lema ‘Ruído por Mauri’, este evento combina música en directo e compromiso social destinado á busca de investigación para a cura de Mauri, un pequeno de Nigrán diagnosticado coa enfermidade ultrarrara de Alexander. A proposta está pensada para desfrutar e, ao mesmo tempo, colaborar cunha boa causa. Así, a programación comeza en sesión vermú a partir das 11.00 horas con actuacións como Coro Covacanta e Pacheco Bros, e xa pola tarde, a partir das 18.30 horas, será a quenda de ‘Los del Barro’ e a coñecida orquestra ‘Grupo América de Vigo’.

