Participaron alumnado de 2º da ESO do IES Auga da Laxe (Gondomar), IES Sangriña (A Guarda) e os centros de Educación Especial Juan María e San Xerome Emiliani
O Concello de Nigrán colaborou esta mañá na III Xornada Intercentros promovida polo CEE Juan María de Parada e que se desenvolveu en Praia América coa participación de alumnado deste centro de Educación Especial e do San Xerome Emiliani de A Guarda xunto co IES Auga da Laxe (Gondomar) e IES Sangriña (A Guarda).En total, preto de 160 estudiantes de 2º da ESO e de edades similares do Juan María e Emiliani participaron todos mesturados e divididos en diferentes grupos e quendas en actividades como fútbol gaélico, búsqueda do tesouro, palas, limpeza da praia ou un obradoiro da CEMMA de rescate de cetáceos varados. O obxectivo destas xornadas que se veñen realizando con regularidade con diferentes centros educativos da comarca é fomentar entre as crianzas unha actitude empática ao tempo que se rompen barreiras mediante xogos inclusivos que fomentan a axuda mútua.

