Tratase dunha adaptacion do clásico de Castelao levada a cabo pola compañía de Sarria (Lugo). No mes de outubro as representación serán os sábados ás 20:00 horas.
O Concello de Nigrán continúa este domingo 29 de setembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o ‘Outono de Teatro’ coa obra ‘@s vell@s non deben namorarse’ da compañía Rebuldeira, de Sarria (Lugo). Trátase dunha comedia para todos os públicos. Hai amoríos que non son moi recomendables. Nesta peza, adaptación do clásico de Castelao, coñeceremos tres historias que unirán amor e morte, froito da paixón e o desatino dos protagonistas, que se deixan levar sen freo polo desexo. Nesta comedia o público poderá estudar aos amores máis tolos.
Como todas as obras programadas os domingos do mes de setembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de Nigrán é gratuita, con entrada de balde ata completar aforo, e xurde da colaboración entre Teatro do Ar (responsable da escola municipal de teatro de Nigrán) e Federación Galega de Teatro Amador de Galicia (FEGATEA). A continuación, todos sábados do mes de outubro e o primeiro fin de semana de novembro serán ás 20:00 horas as representacións do Fegateatro, tamén gratis, comezando o sabado 5 de outubro con ‘Disfunción contínua’ da compañía Entrañas Negras (o Concello achega 3.750 € a FEGATEA pola contratación de 7 compañías neste ano 2024)

