O concello de Nigrán e a Asociación Ferro Vello ofrecen unha nova Feira de Antigüidades, coleccionismo e vintage esta fin de semana en Panxón

Redacción

O Concello de Nigrán e a Asociación Cultural “Ferro Vello” poñen en marcha a ‘III Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage’ de Nigrán. Porcelana, cadros, gramófonos, discos, arte sacra, pezas de Sargadelos, reloxos, medallas ou decoración rural, son só algúns exemplos do que nos poderemos atopar esta fin de semana no Pavillón de Panxón.

Así, este 9 e 10 de maio daranse cita 37 expositores chegados de todas as provincias galegas, Asturias, Cantabria, Bilbao, León e Portugal. Encherán de pezas os máis de 1.400 metros cadrados que contén o recinto. A entrada será gratuíta e o horario será igual para as dúas xornadas: de 10.00 a 14.30 horas pola mañá e de 17:00 a 21.30 horas de tarde.

Comparte este artigo