Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán festexa este sábado o Día do Libro con...

O concello de Nigrán festexa este sábado o Día do Libro con feira, obradoiros, sinaturas, tertulia e a Gala Carlos Casares

- Anuncio -

A Praza do Concello acollerá durante todo o día actividades: desde unha feira coa presenza das dúas librerías do municipio e unha vintena de autores da comarca, a un obradoiro de lettering e unha tertulia na que se abordará a figura de Nieves Ibarra e Alfonso Álvarez Cáccamo

A gala Carlos Casares, durante a cal se entregan os premios do II Certame de Relato Curto para escolares de Nigrán, porá fin á xornada

O Concello de Nigrán celebrará este sábado 27 de abril o ‘Día do Libro’ cunha gran xornada festiva de 11:00 a 20:00 horas na Praza do Concello (en caso de choiva trasladarase ao interior das dependencias municipais). O lugar será a sede dunha feira ao respecto e dunha serie de actividades deseñadas para incentivar a lectura e dirixidas a todos os públicos, cun especial protagonismo para os autores da comarca e das dúas librerías do municipio: Paraísos de Papel e Piño. Nos stands de ambos establecementos estarán presentes preto de 20 escritores para asinar os seus exemplares a quen o desexe.

Nesta segunda feira do libro, organizada coa colaboración da Asociación Galega de Escritores, terá lugar ás 11:00 horas (coincidindo co inicio da feira) unha tertulia en homenaxe póstuma a Nieves Ibarra e Alfonso Álvarez Cáccamo, autores vinculados profundamente a Nigrán. Ibarra, falecida en novembro de 2023, foi unha pioneira do feminismo en Galicia, exerceu durante décadas de profesora de Lengua e Literatura no IES Val Miñor e foi a fundadora do Club de Lectura do Concello de Nigrán, asociación que agora pasará a levar o seu nome. Pola súa banda, Cáccamo, falecido o pasado mes de marzo, foi tamén profesor no CPI Arquiecto Palacios e recoñecido escritor en lingua galega, formando parte dunha saga de intelectuais encabezada polo seu pai, Xosé María Álvarez Blázquez (Letras Galegas 2008).

Igualmente, a feira contará co obradoiro de Lettering ‘Palabras bonitas en galego’ a cargo de Papelier, dirixido a crianzas a partir de 8 anos (é preciso inscrición previa no mail info@papelier.es).

Finalmente, a partir das 18:00 horas terá lugar no Auditorio Municipal a II edición da gala Carlos Casares ‘No camiño das artes’, durante a cal serán entregados os premios aos gañadores e gañadoras do II Certame de Relato Curto para escolares de Nigrán baixo o lema ‘As laranxas que medraban en Nigrán’, en referencia á famosa obra do escritor e veciño de Nigrán, ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’.. O Concello de Nigrán e a Fundación Carlos Casares colaboran un ano máis para homenaxear, potenciar e dar a coñecer a figura do escritor entre a mocidade de Nigrán. O evento será presentada por Marina Sánchez-Canal Cultura. Nela haberá música, danza, contos e moitas cousas máis, a cargo de artistas como Xérmola, cantos e contos; Almadanza, Dúo Carrera; Xosé Poldras ou a Banda Xuvenil da Escola da Agrupación Vincios.

Adicionalmente, o Concello de Nigrán celebra no propio martes 23 de abril o ‘Día do Libro’ con sendas actividades: o roteiro literario ‘A praia dos afogados’ e o contacontos ‘Escola de Dragóns’ na Biblioteca Municipal ás 18:00 horas sen necesidade de inscrición previa.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas