A imponente figura de bronce, de 2’30 metros de alto por 1’30 metros de ancho, representa a unha peregrina en plena travesía
“Será un emblema de Nigrán que nos afianza máis aínda co Camiño Portugués pola Costa (…) É obra dun escultor de Nigrán de talla internacional que agora xa podemos dicir que é profeta na súa terra; queríamos que estivera lista para festexar con ela o Día de Galicia”, sinalou o rexedor ao descubrir a escultura
Segundo os últimos datos, no que vai de ano se superaron os 43.000 peregrinos, o que supón un 23% máis que en 2025. Por esta razón, na mesma liña de facer que se sintan ben acollidos, o Concello creou a web dirixida exclusivamente a eles www.caminonigran.com
O Concello de Nigrán inaugurou este mediodía na Alameda da Ramallosa a gran escultura en homenaxe aos peregrinos e o Camiño pola costa realizada polo prestixioso escultor José Molares. A peza, situala a escasos metros do Centro da Terceira Idade, foi descuberta polo propio autor e o alcalde, Juan González.
“É un emblema de Nigrán que nos reivindica como parte fundamental do Camiño Portugués pola Costa; resulta verdadeiramente espectacular, estamos abraiados co traballo realizado. A contonar na que se sitúa é máxica, así que estamos seguros de que grazas a esta sintonía será un lugar moi fotografado”, sinalou o rexedor esta mañá ante esta gran escultura materializada en bronce e que representa a unha peregrina cunhas dimensións de 2,30 metros de alto por 1,30 metros de ancho e 1 metro de fondo.
A peza, cun investimento de 77.000 € a cargo das baixas que lle corresponden a Nigrán dentro do Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra, foi encargada ao célebre escultor José Molares, afincado precisamente na Ramallosa e autor de obras públicas tan coñecidas como a adicada a Julio Verne en Vigo ou o paseo dos peixes en Bouzas, á homenaxe ás visitas papais dentro da Catedral de Santiago ou á fonte da vendima en Salceda. “É un escultor de Nigrán de talla internacional e que agora xa podemos dicir que é profeta na súa terra, por iso queríamos que estivera lista para festexar con ela o Día de Galicia”, resumíu o rexedor.
“Hace 27 años que me establecí con mi familia en Nigrán, a pocos metros de aquí. Precisamente en este parque jugaron habitualmente mis hijos, así que me siento especialmente afortunado y agradecido. Creo que muchos peregrinos se pararán en este entorno espectacular, junto a la escultura, para fotografiarse y llevarse esta estampa de recuerdo”, sinalou Molares, quen agradeceu públicamente o traballo de todo o seu equipo de traballo e a súa familia, asi como a iniciativa da Asociación de Empresarios Ovalmi e o Concello.
Foi esta asociación quen trasladou ao Concello a idea de adicar unha escultura ao Camiño de Santiago na súa entrada en Nigrán e que esta fose da man de José Molares, artista de fama internacional e veciño do municipio. “Pareceunos máis que acertado que un artista nigranés de fama mundial como José Molares fose quen materializase esta idea, como foi o caso tamén da muralista baionesa Lula Goce tamén na Ramallosa (autora de ‘A Dona do Esteiro’, segundo mellor mural do mundo do ano 2023). Encantounos a idea, encantounos o bosquexo, e hoxe estamos marabillados co seu resultado”, admitía o rexedor.
Ao pé da escultura, un texto nunha placa fundida en bronce resume o espírito da obra: “Ante a Foz do Miñor, onde a paisaxe abraza ao peregrino, paso e pausa, inspirar, admirar, escoitar o latexo da terra e o murmurio da auga. Lembrar que o verdadeiro camiño tamén se camiña por dentro, facendo do esforzo esperanza e do horizonte promesa. Aos peregrinos do Camiño de Santiago, sempre adiante e bo Camiño!”
Datos do Camiño Portugués de Costa
O Concello de Nigrán é totalmente consciente de que o Camiño Portugués pola Costa atrae cada vez a máis estranxeiros ao municipio, batendo records ano a ano. Segundo os últimos datos, xa superou no que vai de ano os 43.000 peregrinos, o que supón un 23% máis que en 2025. Ademais, os camiñantes son na súa maioría estranxeiros de alto poder adquisitivo, sobre todo norteamericanos e alemáns, mesmo máis que portugueses ou que os propios españois. Desde que foi declarado oficial en maio de 2016, xa realizaron este percorrido máis de 300.000 persoas. Por esta razón, na mesma liña de facer que se sintan especialmente cómodos e ben tratados, o Concello creou a web dirixida exclusivamente a eles www.caminonigran.com . “Todas estas iniciativas contribúen a construír unha imaxe amable e hospitalaria de Nigrán, que é o que queremos que transmitan a súa volta a casa”, sinala o rexedor.

