O concello de Nigrán inicia as obras de reforma integral da cuberta do pavillón de Panxón que acabarán coas filtracións

Redacción

Durante o periodo estival, coa infraestrutura sen uso, substituiranse os 2.800 m2 totais por materiais máis resistentes e realizarase un selado máis efectivo nas interseccións, todo co obxectivo de mellorar o aillamento, a durabilidade e reducir custes enerxéticos

“Trátase dunha obra integral para deixar de gastar cartos poñendo parches que funcionan só transitoriamente”, explica o alcalde, Juan González

O Concello de Nigrán iniciou esta semana as obras de renovación integral da cuberta do Pavillón Municipal de Panxón co obxectivo de acabar coas filtracións ao tempo que a infraestrutura gaña en durabilidade, aillamento e, consecuentemente, se reducen os custes enerxéticos. Os traballos, adxudicados a ‘Demain Obras y Servicios’ por importe de 291.519 € dos que 188.573,89 € son a cargo do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra, empréndense durante o periodo estival aproveitando precisamente que o polideportivo non acolle ningunha actividade. Tal e como figura no contrato, a obra terá unha garantía de 11 anos, moi superior ao habitual nestes casos.

Segundo o informe técnico previo, o problema de pingueiras débese a que existen chapas desprazadas e as interseccións entre elas non están ben seladas, co agravante de que en determinadas zonas a pendente da cuberta non é suficiente e que, en moitos casos, a chapa é moi simple, a maiores, os canalóns están aboiados e a tornillería oxidada.

Por esta razón, substituiranse os 2.800 mtotais do envoltorio por materiais de características moi superiores que permitirán gañar en aillamento, durabilidade e eficiencia enerxética. A obra comprende tamén a solución dos problemas de selado nas interseccións estructurais e a substitución de baixantes e canalóns por materiais máis resistentes á corrosión. Ademais, aplicarase un tratamiento específico de hidrofugado na fachada suroeste ao existir un problema de humidade nos baixos adxacentes.

“”Trátase dunha obra integral para deixar de gastar cartos poñendo parches que funcionan só transitoriamente”, explica o alcalde, Juan González, en referencia aos sucesivos problemas de pingueiras.

Este cambio da cuberta minimizará os futuros traballos de mantemento e, sobre todo, permitirá que resista mellor a climatoloxía adversa e que enerxéticamente resulte unha infraestrutura máis eficiente.

A esta mellora súmase a renovación da pista realizada no 2021 ou a cortina divisoria instalada no 2023, polo que o recinto, sede do C.B.Nigrán e das actividades deportivas municipais, dará con este novo investimento un gran salto cualitativo.  

Comparte este artigo