O concello de Nigrán investirá preto de 300.000€n na rehabilitación integral de 6 lavadoiros e unha fonte

Redacción

Realízase con cargo ao Plan +Provincia 2026-2027 liña 1 da Deputación e trátase de 2 lavadeiros e unha fonte de Camos (O Rial, A Mina e O Carballal), dous de San Pedro (A Cabreira e Rans), un de Parada (Nandín) e un de Chandebrito (Pracíns)

As obras, como as dos anos precedentes, consistirán en por en valor os elementos construtivos orixinais eliminando os engadidos ou substituíndoos por materiais acordes coa imaxe do conxunto

O Concello suma con este novo proxecto máis de medio millón de euros investidos na restauración dunha trintena de fontes e lavadoiros de todo o municipio

O Concello de Nigrán investirá preto de 300.000 € na rehabilitación integral de 6 lavadoiros e unha fonte situados nas parroquias de Camos, Parada, Chandebrito e San Pedro da Ramallosa. Os traballos, pendentes de licitación, realizaranse con cargo á Liña 1 do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra, polo que hoxe o alcalde visitou o lavadoiro de A Cabreira con Jesús Vázquez Almuíña, alcalde de Baiona e deputado provincial. Con este novo investimento o Concello suma en oito anos algo máis de medio millón de euros na rehabilitación de máis dunha trintena de fontes e lavadoiros de todo o municipio.

“Intervimos naqueles que son de titularidade municipal para harmonizar a súa imaxe de conxunto e devolverlles o valor patrimonial e etnográfico que representan. Compre sinalar que, aínda que de xeito xa máis anecdótico, seguen a ser empregados polos veciños”, indica o alcalde, Juan González.

En concreto, nesta ocasión o Concello intervirá na fonte de O Rial e os lavadoiros do Carballal e A Miña (todos en Camos), o lavadoiro de Rans e Cabreira (San Pedro da Ramallosa), o lavadoiro do Torreiro de Nandín (Parada), e o lavadoiro de Pracíns (Chandebrito). Todos eles presentan unha imaxe descoidada, con engadidos de pouca calidade, problemas de drenaxe e moitos deles con acesos complicados.

As obras, como as dos anos precedentes, consistirán en por en valor os elementos construtivos orixinais de cadanseu lavadoiro e fonte eliminando os engadidos ou substituíndoos por materiais acordes coa imaxe do conxunto. Así, limparase e restaurase a canteiría propia, quitaranse todos os elementos de formigón (pilares, cubertas, pavimento, bloques…) e plantéxanse para o recinto novos muretes de granito do país, asi como pilares deste mismo material. Pola súa banda, recontruirase a cuberta empregando tella curva sobre rastreis de madeira laminada apoiada sobre estrutura tamén de madeira. O obxectivo é crear unha sensación de envolvente máis lixeira, que non reste importancia á canteiría orixinal, e que outorgue unha imaxe de conxunto harmónica. Ademais, o recintos pasarán a ser espazos de calidade, con novos pavimentos, iluminación, etc.

Comparte este artigo