Actualmente o programa de Alborada atende a 34 persoas de toda a comarca de entre 12 e 39 anos. O Concello de Nigrán achega novamente 5.000 € para que siga adiante
Ocúpanse gratuitamente de persoas con problemas de adición ao váper, o tabaco, as pantallas, ás apostas online… O usuario máis novo é unha crianza de 12 anos con tabaquismo
“Os resultados son moi positivos e queremos que continúe. O reto é chegar á poboación máis adulta, que é máis remisa a participar”, explica o alcalde, Juan González
O Concello de Nigrán financiará novamente con 5.000 € a continuidade do programa PANACEA de atención á persoas de entre 12 e 39 anos en risco de padecer problemas de saúde mental vinculada a todo tipo de adiccións, ben por consumo recurrente ou por iniciarse. Este funciona de xeito totalmente gratuíto para o usuario e é a cargo da asociación Alborada, entidade con gran experiencia neste eido. O proxecto naceu en agosto de 2024 en colaboración cos servizos sanitarios e sociais e os departamentos de dirección e orientación dos centros educativos de toda a comarca e xurdíu pola verdadeira necesidade detectada ao non existir unha unidade de saúde especializada na zona pese a constatarse un repunte desde 2023 das adiccións entre a mocidade do Val Miñor. Actualmente atenden a 34 persoas de toda a comarca de entre 12 e 39 anos, a metade deles de Nigrán, e cunha media de idade de 19-20 anos. Desde Alborada facilitan o teléfono 605321202 ou o mail panacea@alborada.org para toda persoa da comarca interesada en participar ao recoñecerse neste patrón aditivo.
“Os resultados son moi positivos e queremos que continúe. O reto é chegar á poboación máis adulta, que é máis remisa a participar”, explica o alcalde, Juan González. De feito, a día de hoxe tan só hai 3 persoas que superen os 30 anos de idade, en cambio, a máis nova ten 12 e presenta problemas de tabaquismo. “Cando se fala de adiccións non se refire só a estupefacientes”, se non tamén a pantallas, apostas online, váper, tabaco ou bebidas enerxéticas, cuestións máis comúns entre os usuarios máis novos e que atenden desde Panacea, destacando neste sentido “a locura do váper”. “A partir dos 16 anos é máis difícil chegar á xente e especialmente cando abandonan o sistema educativo, porque moitos casos nos veñen derivados desde os propios colexios”, explican.
PANACEA está integrado por un equipo interdisciplinar formado por unha psicóloga experimentada na materia, unha traballadora social e, a maiores, a colaboración doutra traballadora social de Alborada e unha educadora social. As profesionais realizan visitas domicilarias que establecen un vínculo terapéutico próximo e, deste xeito, tamén diminúe a problemática de non asistencia ás citas e consiguen maior adherencia ao programa. Como mínimo realizan 2 intervencións individuais semanais dunha hora que inclúen educación en saúde, en mellora das habilidades sociais e da autoimaxe, prevención de recaídas… “Moitas veces, tratándose de menores, o que é necesario e intervir na familia porque soe haber un exceso de permisividade coas pantallas, que é o problema xeral de adición na infancia, e se a familia colabora xeralmente a evolución é moi positiva”, engaden.
En definitiva, PANACEA nace como alternativa ao tratamento clínico hospitalario fundamentándose en visitas domiciliarias e seguimentos individualizados, intervencións psicosociais destinadas á prevención, intervención con profesionais implicados que detectan novos casos e un diagnóstico sociosanitario no Val Miñor. Esta metodoloxía foi desenvolvida con éxito por Alborada ao detectar entre a mocidade unha pobre autoimaxe e baixo autocontrol, unha ínfima educación en saúde mental, dificultades para atopar alternativas de ocio saudables como alternativa ao consumo de substancias, a propia complicación para acadar atención profesional especializada , ausencia de recursos neste eido na comarca e incluso falta de supervisión e apoio de calidade por parte de persoas adultas da súa contorna.
“Cada vez hai un inicio más temperá no trastorno adictivo e unha maior normalización comunitaria, como pode ser coa tecnoloxía nos menores ou o propio vaper, que soe ser a porta de entrada ao tabaco ou outras substancias”, explican desde Alborada, polo que desde o Concello de Nigrán non se dubidou en continuar con este programa.

