O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE SÁBADO A OBRA DE TEATRO ‘CLARA E CLARO NON SE ACLARAN’ DO GRUPO DE PRIEGUE ‘ENTRE LUSCO E FUSCO’
Nigrán 12/05/26.- O Concello de Nigrán ofrece este sábado 16 de maio ás 19:00 horas no Auditorio Municipal a comedia ‘Clara e Claro non se aclaran’, do grupo de teatro afeccionado do C.C.R. O Torreiro de Priegue ‘Entre lusco e fusco’. A entrada é de balde ata completarse o aforo.
Trátase dunha adaptación da obra de José Cedena. Claro e Clara son dous irmáns xemelgos que teñen que sufrir as consecuencias de ter un pai homófobo, racista e intolerante. En clave de humor, esta obra móstranos como as cousas non sempre son como parecen.

