O Concello de Nigrán abre o mes de maio, adicado ás ‘Letras Galegas’, coa actuación este sábado 2 ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de ‘Os Alegres do Val Miñor’, coñecido grupo da comarca formado por dúas gaitas, catro acordeóns, dous saxos, e percusión. Ao día seguinte, domingo 3 de maio, con motivo da celebración do ‘Día da Na’, haberá un baile especial no Auditorio Municipal de 19:00 a 22:00 horas co actuación en directo de D´Lider. En ambos casos a entrada é de balde ata completarse o aforo.

