Estará a cargo de Aurora Vázquez (licenciada en Belas Artes) e a inscrición será o mércores 22 de abril
O Concello de Nigrán ofrece os luns de maio e xuño un obradoiro de debuxo gratuíto dirixido a maiores de 55 anos. Este terá lugar no Centro Social da Terceira Idade da Ramallosa de 17:00 a 18:30 horas e será impartido por Aurora Vázquez Estévez, licenciada en Belas Artes. O curso é de balde e inclúe material. A inscrición será o mércores 22 de abril de 9:00 a 11:00 horas e as prazas distribuiranse por rigorosa orde.

