Terán lugar con entrada libre no aparcadoiro ao carón da Residencia de Tempo Libre de Patos
O Concello de Nigrán pon punto e final este venres 28 de agosto ao seu festival ‘Tardes na solaina’ cos concertos de ‘Los Deltonos’ e ‘Cows Caos’ a partir das 19:30 horas no aparcadoiro ao carón da Residencia de Tempo Libre de Patos. Ambos son de acceso libre para o público e poñen fin a este novo festival que o Concello iniciou o 26 de xullo con Mesteño na Foz e que trouxo durante este tempo ao municipio grupos como Mambas Negras, Stoned at Pompeii, Dorrey Lyles&Marcos Coll… ‘Tardes na Solaina’ contou ademais co patrocinio de Malabar-Pénjamo de Patos e Cervezas Banda, empresa radicada en Porto do Molle.
‘Los Deltonos’ é unha mítica banda de rock en español fundada en 1986 en Muriedas, Cantabria. O grupo está liderado desde os seus inicios polo guitarrista, vocalista e compositor Hendrik Röver, con temas tan recoñecidos como ‘(Soy un) hombre enfermo’, ‘Horizonte eléctrico’, ‘Listo’ ou ‘Gasolina’. Pola súa banda, o grupo lisboeta ‘Cow Caos’, fundado no 2016, caracterízase pola mestura de surf-rock e psicodelia.
“Estamos moi satisfeitos coa resposta do público ao festival e o pechamos ao grande con estes dous grupos. Somos un Concello que especialmente no verán apostamos pola música en directo e seguiremos camiñando neste sentido, especialmente no verán, cando podemos gozar dela ao aire libre e en contornas espectaculares”, explica o alcalde, Juan González.
“Confeccionamos un programa musical con grupos para todos os gustos e idades, optando maioritariamente por bandas galegas radicadas na contorna e incluíndo tamén grupos de referencia como ‘Los Deltonos’ e ‘Cow Caos”, finaliza.

