O Concello de Nigrán presenta este venres 8 de maio ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal o libro ‘Árbore arriba. Memoria das orixes’, de Xosé María (Pepe) Álvarez Cáccamo, na Biblioteca Municipal de Nigrán. Editado por Alvarellos, é o título da nova obra do poeta, narrador e ensaísta, Pepe Cáccamo. Con esta obra completa e talvez culmina un proxecto moi persoal do autor: a narración da súa memoria familiar, un dos eixes da súa creación literaria. Polo tronco principal da súa estirpe ascende o autor ata as pólas dos seus oito bisavós e bisavoas e, de xeración en xeración, vai tecendo o relato das singulares peripecias vitais dos devanceiros apelidados Cáccamo, Ambrosino, Frieben, Zimmmermann, Blázquez, Ballester, Álvarez e Limeses, a carón das fotografías que os identifican. O acto está presentado polo historiador Carlos Méixome.

