O concello de Nigrán rehabilitará a Antiga Escola Unitaria de Chandebrito

Redacción

O goberno local consignou no pleno ordinario de hoxe 25.000 € para cambiar a carpintería exterior, reparar problemas de humidades e substituír o chan

O Concello de Nigrán consignou no pleno ordinario desta mañá 25.000 € procedentes do Remanente para rehabilitar a antiga Escola Unitaria de Chandebrito, cedida á Asociación de Mulleres Rurais de devandita parroquia e a Asociación Veciñal Chandebrito 1807, funcionando ademais nas diferentes votacións como local electoral. A modificación de crédito plantexada polo goberno local contou co voto en contra do PP e a abstención do BNG. O obxectivo prioritario é cambiar toda a carpitería exterior, zanxar os problemas de humidades, substituír o chan da planta baixa (consta de dous andares) e pintar o interior. Estas obras permitirán gañar en termos eficiencia enerxética e sostibilidade e, consecuentemente, reducir ata un 30% as actuais pérdidas térmicas.

“Son obras moi necesarias porque a carpintería está moi deteriorada polo paso do tempo e o aillamento resulta moi deficitario, polo que gañará moitísimo en confort térmico”, explica o alcalde, Juan González.

 Esta edificación tradicional ubicada na rúa da Igrexa, no núcleo da parroquia, pechou no ano 2009 e o Concello acadou a súa desafección no ano 2010 para así poder ceder o seu uso ás mencionadas entidades, que a empregan para realizar todo tipo de actividades, como é o caso do local da AV Monteferro-Panxón ou a escola de Balinfra, en Camos, ambas antigas escolas unitarias. 

Comparte este artigo