O concello de Nigrán será pioneiro en España ao optar á máxima certificación internacional de accesibilidade para o pavillón inclusivo de Porto do Molle

Redacción

Trátase do primeiro espazo deportivo de todo o estado que se deseñará co obxectivo final de cumplir coa calificación ‘5 Estrellas’ no certificado AIS, recoñecemento supremo en termos de accesibilidade universal

“Entre os mínimos legais exisibles e a excelencia absoluta hai un abano enorme e, en consonancia coa nosa política de ‘Un Nigrán para todos’, desde o Concello queremos chegar ao cénit”, xustifica o alcalde, Juan González

O estudio arquitectónica gañador do concurso de ideas, ‘Baile Menduíña’, contará cun técnico homologado durante todo o proceso construtivo (desde o proxecto de execución ata o fin de obra) e o resultado final se someterá a unha estricta auditoría externa

O Concello de Nigrán dá un paso adiante para dispor en Porto do Molle do primeiro espazo deportivo de España en contar coa máxima certificación internacional en termos de accesibilidade universal. Así, tras gañar o estudo vallisoletano ‘Baile Menduíña’ o devandito concurso de ideas convocado entre o Concello e o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), de aquí a decembro os arquitectos procederán a redactar o proxecto básico e de execución coa obxectivo de obter a máxima calificación de ‘5 Estrellas’ no certificado AIS (Sistema de Acreditación de la Accesibilidad), un selo que sitúa aos edificios no cumio da inclusión universal e que sería pioneiro en España para o uso deportivo.

O obxectivo do Concello de Nigrán é claro: que todas as persoas, independientemente da suas capacidades físicas, sensoriais, ou intelectuais poidan practicar deporte en igualdade de condicións, tal e como se plantexou desde o inicio a infraestrutura. Esta excelencia absoluta en termos de accesibilidade universal, inclusión, igualdade e sustentabilidade medioambiental será de facto tras someterse a estas complexas auditorias externas que así o certifiquen. E para acadar esta meta, os arquitectos traballarán cóbado con cóbado cun técnico homologado AIS durante todo o proceso construtivo (desde o proxecto de execución ata o fin de obra) e o propio resultado final se someterá a unha estricta auditoría externa que determinará a concesión do distintivo.

“Entre os mínimos legais exisibles e a excelencia absoluta hai un abano enorme e, en consonancia coa nosa política de ‘Un Nigrán para todos’, desde o Concello queremos chegar ao cénit”, xustifica o alcalde, Juan González. Deste xeito, o técnico independente designado por AIS estudará os itinerarios peonís, a sinaléctica, a accesibilidade cognitiva, as condicións ambientais, os vestiarios, os aseos, os elementos deportivos… Absolutamente todo o analizará polo míudo para que sexa acorde aos máximos estándares da Ley de Calidad de la Arquitectura (LCA). “Unha simple porta, por exemplo, ten que cumprir máis de 20 requerimentos atendendo ao propio elemento no seu contexto, porque non é igual se dá acceso a unha caldeira que a un corredor, e toda esta información será recabada e se lle achegará aos redactores do proxecto”, exemplifican desde a ‘Fundación Accesibilidad y Responsabilidad Social’, responsables do sistema de recoñecemento AIS.

Paralelamente, o espazo someterase a avaliacións de excelencia medioambiental de prestixio internacional, como os selos VERDE, BREEAM ou LEDE, garantindo a descarbonización, a eficiencia enerxética e a economía circular en todo o seu ciclo de vida. Todos estes certificados internacionais independientes garanten que o Concello de Nigrán se sitúe nunha posición privilexiada de cara a captar fondos europeos ou estatais e que, ao camiñar por diante dos estándares mínimos da lexislación vixente, a infraestrutura non quede obsoleta en poucos anos. “Ademais de garantir o máximo confort para todos os usuarios, grazas á visión de futuro da propia infraestrutura estamos apostando pola máxima eficiencia e lonxevidade, non haberá ir que poñendo parches cada ‘x’ anos para adaptala a sucesivas normas porque seremos unha administración que vai por diante e que é exemplarizante”, insiste o rexedor.

O Concello de Nigrán avanza con esta nova iniciativa no seu propósito de ser un municipio referente en termos de accesibilidade e inclusión, como o foi no seu momento na adquisición de mochilas vibratorias para que as perxoas xordas gozasen dos concertos, a cesión da casa dos mestres de Balinfra para o programa de respiro familiar do Juan María, o programa ‘Acompaña’ con Avelaíña, a compra de bicicletas adaptadas para uso público, os campamentos inclusivos…

O anteproxecto gañador de ‘Baile Menduíña’ defínese mediante un gran volume rotundo de lousa a modo de gran cuberta que permite protexer gran parte dos usos deportivos previstos. Tal e como valora o xurado na súa resolución, o material elixido “evoca a tradición construtiva da Galicia máis atlántica” ao tempo que “amosa unha sorprendente levedade ao parecer flotar mediante amplos voos sustentados unicamente por oito pilares circulares, xesto que lle outorga unha elegancia formal única e unha imaxe de gran potencia icónica”.

Anteproxecto do ‘Espazo Deportivo Inclusivo’

O anteproxecto defínese mediante un gran volume rotundo de lousa a modo de gran cuberta que permite protexer gran parte dos usos deportivos previstos. Así, se organizan diferentes ámbitos deportivos mesturados entre os de uso aberto e os de uso controlado, resultando todos plenamente accesibles grazas ao emprego de grandes ramplas. Haberá unha pista polideportiva principal de 50×28 metros que permitiría acoller futbol sala, balonmano, voleiball ou baloncesto e unha grada vinculada para 412 espectadores e de xeito complementario unha segunda pista de 25×28 metros para actividades como bádminton, patinaxe, taekwondo, esgrima… Como espazos auxiliares a estas pistas hai vestiarios, almacén ou cafetería. Xa a nivel do parque e dentro do perímetro das actuaus pistas de atletismo, deséñanse espazos libres para salto, calistenia, etc. Asimesmo, no exterior da pista, e vinculado coa contorna, figuran zonas de descanso e puntos de contemplación. Unha das características valoradas altamente polo xurado foi a sostibilidade e a eficiencia enerxética, cunha cuberta solar que permite cubrir a demanda enerxética do edificio ou a reutilización da auga para rego, canalizándoa desde a cuberta ata un gran depósito.

Comparte este artigo