O Concello de Nigrán traslada finalmente a este sábado 6 de Xuño ás 12:00 horas no Auditorio Municipal a programación especial polas ‘Letras Galegas’ co espectáculo familiar de narración oral ‘As mil e unha’, adicado a Begña Caamaño, con Vero Rilo e o músico Luís Iglesias (estaba previsto inicialmente para o domingo no Auditorio). A entrada é de balde ata completar aforo e ten unha duración de 50 minutos.
Que pasaría se por arte de maxia conectásemos en directo coa Circe de Begoña ou chamase á nosa radio Morgana desde Esmelle? Acaso Penélope tecería a actualidade deste mundo? Todo será posible se nos acompañas no noso programa radiofónico As mil e unha onde, da man das historias e a música, achegaráste un chisco máis ao legado da admirada Caamaño.

