O concello de Nigtrán abre a Oficina de Información ao Peregrino na Ramallosa

Redacción

Este servizo compleméntase coa web www.caminonigran.com creda polo Concello o ano pasado para ofrecer información actualizada e de primeira man

O Concello de Nigrán abríu esta semana a Oficina de Turismo da Ramallosa para atender a todos os visitantes no municipio pero especialmente orientada á información ao peregrino, principal demandante deste servizo, xa que está situada no punto de entrada a Nigrán do Camiño Portugués pola Costa. Polo momento, este punto, adherido á rede de oficinas de Turismo Rías Baixas, abrirá en horario de 7:00 a 14:00 horas os luns, xoves, venres, sábado e domingo durante 5 meses para cubrir toda a tempada alta. O persoal foi contratado a través do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra, quedando unha das dúas prazas por cubrir, polo que o Concello realizará unha nova petición ao SEPE co obxectivo de poder abrir os 7 días da semana.

Este servizo de información compleméntase coa web www.caminonigran.com , creada polo Concello o ano pasado e dirixida exclusivamente aos peregrinos. Nesta plataforma o camiñante poderá programar a súa viaxe ou improvisar sobre a marcha, pero sempre con información oficial actualizada e xeolocalizada. Aquí atopará desde que variante elixir (a oficial de costa ou a opción máis litoral) a onde parar a dormir, comer, descansar, beber nunha fonte pública ou en qué nivel está a marea (especialmente importante na variante máis litoral)…

O Camiño Portugués da Costa bateu récords en 2025 con máis de 90.000 peregrinos (cifra oficial da Oficina do Peregrino ao redor de 89.500-90.500), consolidándose como o terceiro roteiro máis popular e representando un aumento superior ao 20% respecto a 2024, consolidando o seu crecemento espectacular tras 10 anos de oficialización.

Comparte este artigo