O concello de Salvaterra de Miño acometerá melloras no Campo de Fútbol de Oural en Fornelos, por importe de maís de 88.000,00€

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Salvaterra de Miño, a través do Plan Extraordinario de Infraestruturas  Deportivas e o Plan +Provincia da Deputación provincial realizará as obras que permitirán  acondicionar os locais localizados baixo a grada do campo, que ata este momento se  viñan empregando como almacéns, para facer dous vestiarios novos, co fin de ampliar o  servizo deportivo que se oferta neste recinto deportivo e desta maneira sacar máis  rendemento ás instalacións deportivas. 

Esta acción englobase dentro da liña de melloras de infraestruturas deportivas que está  levando a cabo o Concello de Salvaterra, e que permitirán investir neste ano máis de  161.000€ nas instalacións deportivas do Casal en Salvaterra.

Comparte este artigo