No acto entrégaronse un total de 14 lotes informáticos para os alumnos e alumnas de primaria, secundaria e ciclos e 3 becas de estudos.
Un ano máis e co fin último de incentivar o estudo e o esforzo dos estudantes do Concello de Salvaterra de Miño celebrouse a XXI edición dos Premios de Educación do curso 2025-2026 que tivo lugar esta mañá no Salón de Plenos do Concello. O acto de entrega onde non faltaron familias, profesorado e representantes dos centros educativos contou tamén coa presenza do tenente de alcalde de Salvaterra de Miño Ernesto Groba,e a concelleira de Educación Lorena Soto.
Os Premios de Educación son unha iniciativa pioneira que cada ano busca premiar os mellores expedientes de cada etapa: primaria, secundaria, ciclos e bacharelato.
En total foron 14 premios os entregados e que consisten en equipos informáticos compostos por unha tablet, unha funda e uns auriculares Bluetooth. Do total 5 foron para o Instituto de Educación Secundaria (4º ESO, FP Básica e Ciclo Formativo de Grao Medio de Caldeirería e Soldadura), outros 5 para o CEIP Infante Felipe e 2 para CEIP de Leirado e tamén 2 para o CEP Carlos Casares. Os premiados foron:
COLEXIO CARLOS CASARES ALXÉN
Leia Bañuelos Fernández e Xoel Fernández Míguez
COLEXIO de LEIRADO
Amalia Mariño Alonso e Sergio Estévez Cordero
COLEXIO INFANTE FELIPE DE BORBÓN
Alba Martín Pajares, Diego Pereira Santos, Icía Riveiro Rivera, Ariadna Nieto Vidal e Lois González Otero
I.E.S SALVATERRA DE MIÑO
4º E.S.O.
Alba Vázquez Domínguez, Victoria Costal Gómez e Leire Váquez Fernández
CICLO MEDIO DE SOLDADURA E CALDEIRARÍA
Félix Espinoza Culquicondor
CICLO BÁSICO DE CARPINTARÍA E MOBLE
Brais Alonso Simón
Ademais os tres mellores expedientes de 2º de Bacharelato que foron para Ivana García Gómez, Marcela Lorenzo Bernárdez e Íker Lamela Moo; premiaronse con 3 bolsas de estudos que consisten nunha viaxe a Bray en Irlanda para perfeccionar a lingua inglesa.

