O Concello de Salvaterra de Miño traballa na redacción de varios proxectos de recuperación dos espazos Públicos en Leirado, Salvaterra e Cabreira

adminON
Lectura mínima de 1

Os entornos das Capelas de San Roque en Leirado e Cabreira ademais da Fortaleza  serán os tres ámbitos de actuación. 

O Concello de Salvaterra de Miño destina 44.975,70 € a través da subvención da Rede  Ágora da Deputación de Pontevedra para a redacción de tres proxectos que buscan a  recuperación do espazo público de tres enclaves prioritarios no municipio.  

A primeira actuación ten como ámbito de actuación a contorna da Capela de San Roque  en Leirado, cunha humanización da praza ordenando a zona de aparcamento e  delimitando a zona peonil cun cambio de pavimento e xardineiras. 

A segunda actuación pretende levar a cabo un estudo do espazo para o entorno da  Fortaleza dando continuidade as accións acometidas en toda a contorna. 

O último proxecto ten como ámbito de actuación o entorno da Capela de San Roque en  Cabreira, coa execución dun novo firme transformando a totalidade da rúa.

Comparte este artigo