Un ano máis, o Concello de Salvaterra de Miño apoia o tecido cultural e deportivo coa aprobación dunha bolsa de subvencións nominativas por máis de 169.000 euros, repartidos entre os diferentes clubes deportivos, asociacións culturais, deportistas individuais de carácter nacional, así coma en idade de formación.
Sendo conscientes do enorme custo de manter vivas as distintas actividades que dan vida o noso Concello, a esencia deste esforzo non é outra que apoiar as familias e asociacións, na importante labor que fan.
Máis dun centenar de convenios asinaranse nos vindeiros días para achegar as axudas, mostrando o recoñocemento a todos eles.
No apartado deportivo, estas subvencións súmanse a cantidade de obras de modernización das diferentes instalacións deportivas, nos Campos de fútbol de Oural, Antonio Bernárdez Gándara- Dextros, nas Instalacións do Casal, así como na zona polideportiva do Parque de A Canuda, ou a vindeira obra de cambio de superficie no Pavillón Cándido Carrera.
Por último queremos agradecer a todo o noso tecido deportivo e cultural por todo o traballo que fan, levando en moitos casos o nome de Salvaterra por todo o territorio Nacional, Europeo e Mundial.

