O Goberno Local levará a cabo este importante proxecto que porá en valor a zona dende a Rúa Portas ata Lavandeira. Deixando así, e deste xeito, humanizado todo o camiño de Santiago ao seu paso polo núcleo urbano de Arcade.
O concello de Soutomaior levará a cabo a obra do camiño de Santiago ao seu paso pola Lavandeira. Para poñernos en situación deste proxecto, trátase dunha subvención do PON 2030 que os anteriores técnicos da Deputación, no ano 2021, rexeitaron ao non cumprira os criterios, é que posteriormente, o actual Goberno de Soutomaior levou aos tribunais dita sentenza e gañou a mesma, co cal ese investimento, ten que ir destinados a facer esa mesma obra.
O orzamento total desta obra ascende aos 465 mil euros, dos cales 436 mil virán dese PON2030 da Deputación Provincial e os case 38 mil euros restantes serán aportación do concello que irán co cargo do Plan +Provincia 2026-2027.
Unhas obras que teñen como obxectivo dota dunha maior seguridade viaria a zona e, ofrecer unha mellora en canto a mobilidade, sustentabilidade e habitabilidade. Todas as actuacións previstas renovarán e mellorarán a contorna do tramo do Camiño de Santiago entre a Rúa Portas, comezando no campo da feira de Arcade, e rematando na Rúa Lavandeira ata o cruce coa N_550 en Arcade. O que se levará a cabo será unha mellora integral da mobilidade e seguridade dos peóns en toda a contorna, renovando pavimentos e mellorando a seguridade viaria.
Unha obra mediante a cal se porá en valor e revalorizará esta zona de Arcade, unha transformación absoluta. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “temos que ser capaces de levar este tipo de actuación a todo o concello e de ir expandido un modelo urbano máis amable, máis respectuoso, máis pensado para as persoas, máis accesible e na que se poña en valor esta marabilla de concello que aquí temos”. O alcalde engadiu que “a transformación que está vivindo Soutomaior é algo sen precedente co máis de 3 millóns de euros en actuacións na rúa, estamos ante un momento urbanístico histórico que mellorará a calidade de vida da veciñanza”.

