O acto terá lugar este venres, 22 de maio, ás 20:30h.no Multiúsos de Arcade. Trátase de dar a coñecer a posta en marcha do novo modelo de xestión, moderno e ambicioso que trae consigo a renovación de todos os colectores do municipio, a implantación de novas illas de reciclaxe ou reforzo de recollida fracción resto.
21 de maio, Soutomaior. O Concello de Soutomaior xunto coa empresa concesionaria do servizo de limpeza e recollida de lixo, Urbaser, presentan a posta en marcha do novo modelo de xestión de residuos, que comezará a funcionar a vindeira semana. Unha presentación que se levará a cabo este venres 22 de maio ás 20:30h. nun acto, ao que dende o concello convidan a toda a veciñanza, e que terá lugar no Multiúsos de Arcade.
Durante o evento, o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, o delegado de zona en Urbaser, Diego Paz, e o CEO da empresa de comunicación Sihaho, Manuel Pan, darán a coñecer os servizos que engloba esta nova campaña recollida baixo o lema “Conscientes, medra en verde”. O principal obxectivo é facer de Soutomaior unha comunidade máis limpa e sostible contando coa implicación cidadá.
Os servizos que se van a presentar este venres están relacionados, principalmente, coa implantación dos novos colectores en todo o municipio, as fraccións de cartón e de orgánica, pero tamén se falará da importancia do servizo do punto limpo e a recollida dos voluminosos, así como do punto verde de atención cidadá localizado na nave de Urbaser.
Unha campaña moi especial é que ten por obxectivo chegar á toda a veciñanza onde o popular viñetista galego, Luis Davila, tamén deixou a súa pegada coa creación de diferentes personaxes que nos achegan ao mundo da reciclaxe e do coidado do medio ambiente.

