Home Pontevedra Baixo Miño O Concello de Tui destina 10.000€ para as e os deportistas tudenses...

O Concello de Tui destina 10.000€ para as e os deportistas tudenses que participen en competicións internacionais

- Anuncio -

O prazo de solicitude está aberto até o 15 de outubro

Até o 15 de outubro está aberto o prazo para solicitar as bolsas a deportistas tudenses que participaron neste ano 2024 en competicións federadas de ámbito internacional convocadas polo Concello de Tui.
O pasado venres, 22 de abril, publicouse un extracto das bases no BOPPO da Deputación de Pontevedra, podendo consultarse as bases completas na web municipal. publica hoxe o extracto das bases reguladoras para a concesión das becas aos deportistas tudenses que participaron neste ano 2024 en competicións federadas de ámbito internacional.
O Concello de Tui destina unha partida de 10.000€, ao igual que en anos anteriores, a estas bolsas co fin de facilitar aos e ás deportistas tudenses a práctica deportiva e a súa participación nas súas competicións internacionais. Deste xeito valórase a súa especial dedicación ao deporte e, á súa vez, á difusión que realizan da Cidade de Tui en aqueles eventos deportivos de carácter internacional.
O prazo para presentar a solicitude – no modelo recollido na web municipal – xunto coa documentación requirida, está aberto até o 15 de outubro, a través da sede electrónica do Concello de Tui.
No ano 2023 foron dezaseis os deportistas tudenses que recibiron estas bolsas: as padeeiras Lara Feijóo, Cristina Soutelo, Tania Fernández, Irea Alonso e Nuria Romero, os padeeiros Iván Alonso, Pedro Vázquez, Matías Valentín Otero, Manuel Garrido, Enrique Míguez e David Moroño, a remeira Carlota González, o remeiro Jesús González, o judoca Avelino Martínez, o ciclista David Fernández, e o copiloto de rallies, Daniel González.
As bases e o modelo de solicitude están dispoñibles na web municipal www.tui.gal.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas