O Concello do Porriño presenta a programación do 25N baixo o lema “Nin medo nin silencio: Liberdade”

Redacción

• Alumnado da ESO do Porriño amosa o seu compromiso na loita contra a violencia machista participando na actividade “Cadeiras Baleiras, Voces Presentes” con motivo do 25N ,Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”.

• Dende o concello invitan a cidadanía a participar e lembran a importancia desta data para poder visibilizar, frenar e evitar unha violencia de centos de mulleres sufren durante todo o ano.

O Concello do Porriño presenta máis dun mes de programación entorno o 25N, o día internacional da eliminación da violencia contra a muller, baixo o lema, “nin medo nin silencio: Liberdade”.
A través da Concellería de Igualdade do Concello do Porriño desenvolverase esta actividade por medio da cal a mocidade participante lembrará ás 45 mulleres asesinadas no que vai de ano .
A iniciativa, que busca concienciar ás xeracións máis novas a través do respecto e a igualdade, contará coa implicación directa dos estudantes.
Trátase dunha actividade que ten coma obxectivo principal dar visibilidade á ausencia de cada unha delas e alzar á voz contra os crimes machistas rompendo o silencio para reinvindicar a súa memoria.
Durante a posta en escea, colocaranse 45 cadeiras baleiras en semicírculo para lembrar ás mulleres asesinadas. O alumnado participante terá un papel protagonista no desenvolvemento desta acción, mediante a lectura de frases na súa homenaxe e mediante a colocación de flores ou lazos nas cadeiras e acompañamento musical, culminando o acto coa lectura dun manifesto conxunto que transformará a ausencia en presenza e a dor nunha ferramenta de defensa , demostrando o rexeitamento absoluto ante calquera tipo de violencia machista.
En torno ao 25 N desenvolverase unha xornada informativa :
“Atención e Protección. O sistema VioXén, dende a denuncia ata a baixa da vítima no sistema” ,dirixida á toda a cidadanía, .O obxectivo deste encontro é que calquera veciño ou veciña coñeza de preto as ferramentas de axuda e os recursos reais cos que contamos no noso municipio. Explicarase de forma sinxela e clara que pasa cando se dá o paso de denunciar e que protección recibe a vítima en cada momento. Diferentes relatores e expertos sumaranse á xornada para analizar a materia desde as súas distintas áreas de traballo e experiencia.
O acto central terá lugar o propio día 25 cun acto no que os protagonistas serán os centros educativos do concello do Porriño. Trátase do acto simbólico “cadeiras vacías, voces presentes”. Un acto protagonizado por alumnos e alumnas de 4º da ESO que xa están traballando nas aulas para concienciar á mocidade sobre a importancia do respecto e da non violencia.
Durante a posta en escena, instalaranse 45 cadeiras baleiras en semicírculo para lembrar ás vítimas. Unhas cadeiras que simbolizan a súa ausencia, nun circulo que debera ser un espazo de protección de coidado. Os estudantes terán un papel protagonista no desenvolvemento desta acción, na que se lerán frases de homenaxe, depositaranse símbolos de memoria como flores e pañuelos, e culminará coa lectura dun manifesto conxunto que transforma a ausencia en presenza e o dolor nunha ferramenta de defensa.
As xornadas: Atención, protección e prevención nas aulas
A programación arredor do 25N no Porriño tamén abrangue o eido formativo e preventivo a través de diferentes iniciativas. Nas propias aulas desenvoleranse tamén obradoiros educativos “Matroensino”. Desenvolvidos por matronas especializadas, estes obradoiros achegan aos centros educativos contidos adaptados á idade do alumnado sobre educación afectivo-sexual, consentimento, autoestima, prevención de condutas de control e uso responsable das redes sociais.
Ademáis celebrarase a xornada sobre “Atención e Protección”, un encontro dirixido a todo o público interesado para afondar no sistema VioGén (dende a denuncia ata a baixa no sistema), na prevención e intervención psicolóxica a través dos programas da Xunta de Galicia en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), e no impacto da dobre vulnerabilidade nas mulleres.
En paralelo o Concello organiza un ano máis cursos de defensa persoal dirixido ao alumnado de 1º de bachiller nos IES do Concello.
Dende o concello invitan a cidadanía a participar e lembran a importancia desta data para poder visibilizar, frear e evitar unha violencia de centos de mulleres sofren durante todo o ano.
Dende o concello invítase á cidadanía a participar e lembrar a importancia desta data para poder visibilizar, frear e evitar unha violencia que centos de mulleres sofren a diario. Durante a presentación tanto o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, como a concelleira de Igualdade, Carolina Gonzalez, reforzaron a importancia desta cita. “O Concello do Porriño reafirma o seu compromiso coa loita contra a violencia machista traballando na súa prevención e erradicación” e non toleramos ningún tipo de violencia sinalou o rexedor, que animou á cidadanía a informar e denunciar calquera situación que está a pór en perigo a vida ou integridade dunha muller.. “queremos lembrar que hai recursos a disposición de todos e todas .Neste senso a Carolina González pon o foco no espectro invisible do maltrato: “ O concepto violencia é moi amplo e vai máis aló da agresión física, abarcando tamén a violencia psicolóxica, a verbal, a económica e a institucional.
No que vai de ano, 45 mulleres foron asasinadas a mans das súas parellas e exparellas, 1.385 dende que hai rexistros, dende o ano 2003.

Comparte este artigo