Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O Concello inicia mañá a pavimentación de dez rúas da cidade

O Concello inicia mañá a pavimentación de dez rúas da cidade

- Anuncio -

O departamento de Servizos urbanos básicos, que xestiona Xaquín Moreda aproveitará a fin de semana  para intervir nas zonas máis céntricas e evitar interferir demasiado na circulación do tráfico. As  pavimentacións continuarán até o mércores.  

Asfaltaranse rúas enteiras e treitos en mal estado de Blanco Porto, Leiras Pulpeiro, avenida de Vigo,  Sagasta, Benito Corbal, José Millán, avenida de Bos Aires, Eirín, Alemaña e Reino Unido.  A Policía Local pon en marcha plans de tráfico específicos. 

O Concello de Pontevedra inicia mañá a primeira fase de substitución dos firmes das rúas da cidade logo do  paso do inverno no que se viron deteriorados os pavimentos de distintas rúas. O departamento de Servizos  urbanos básicos, que xestiona Xaquín Moreda aproveitará a fin de semana para realizar os fresados e  asfaltados nas rúas máis céntricas, e non interferir demasiado na circulación do tráfico.  

A repavimentación consistirá no fresado e asfaltado ben de rúas completas ben de panos de rúas que se  atopan en mal estado. Os traballos comezarán mañá sábado, 25 de maio, en horario de 08.00 a 13.00 horas  por Blanco Porto, no tramo entre Cruz Gallástegui e Joaquín Costa; Leiras Pulpeiro (asfaltarase toda a rúa) en  horario de 11 a 17 horas; e a avenida de Vigo no tramo entre a Ponte sobre Eduardo Pondal e o hotel Galicia  Palace que se fará entre as 17 e as 20.30 horas.  

A campaña de pavimentación continúa o domingo, 26 de maio, por algúns panos da rúa Sagasta en horario  de 8.30 a 13 horas; algúns treitos de Benito Corbal, entre as 11 e as 19.30 horas; e algúns tramos de José Millán entre as 16.30 e as 21.30 horas.  

O luns, 27 de maio, pavimentarase na avenida de Bos Aires entre a ponte de Santiago e a ponte dos Tirantes,  en horario de 9 a 11.30 horas; a rúa Eirín de Monte Porreiro que se asfaltará completamente entre as 11.30 e as  16.00 horas logo de que recentemente se teña instalado o saneamento e acondicionado unha parcela pública  como estacionamento en superficie; tamén en Monte Porreiro fresarase algúns treitos da rúa Alemaña entre  as 16 e as 20 horas. O asfaltado desta rúa está previsto para o martes, 28 de maio, entre as 8 e as 15 horas.  

Os traballos en Monte Porreiro pasarán o martes, 28 de maio, á rúa Reino Unido para facer o fresado, e o  asfaltado está previsto para o mércores, 29 entre as 8 e as 14 horas.  

A Policía Local ten en marcha plans de tráfico específicos en cada caso.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas