O Concello pon a punto a praia da Posta a través do programa de voluntariado e concienciación ambiental de Prezero

adminON
Lectura mínima de 1

O concelleiro de Servizos Urbanos Básicos, Xaquín Moreda visitou esta mañá aos voluntarios que están a  limpar a praia da Posta, no Cabo, en Lourizán dentro do programa Súmate que a empresa Prezero,  concesionaria do servizo de limpeza viaria e recollida de residuos en Pontevedra, está a desenvolver en  Galicia.  

Súmate é o programa de acción social da empresa para mellorar as condicións de vida das persoas en  situación de vulnerabilidade e contribuír a contornas máis sostibles nos lugares que traballa. O programa  Súmate realiza anualmente un concurso aberto en dous ámbitos: inclusión sociolaboral e concienciación  ambiental, aos que se presentan fundacións e ONGs, que recibirán unha contía económica recadada entre os  traballadores da empresa e a propia compañía.  

En Galiza, foi a asociación LimpOcean a que desenvolveu o proxecto « Rincones mágicos. Limpieza y  concienciación sobre la contaminacion plástica en la Costa da Morte », coa que implica activamente á  poboación na erradicación do lixo mariño. Limparon praias en Nigrán e Sada. 

Comparte este artigo