O concello presenta trouoleando en Soutomaior, o espazo de conciliación para este verán

Redacción
Lectura mínima de 4

Hoxe abren as inscricións, por rexistro a través da sede electrónica, deste servizo que este ano contará con 6 quendas para conciliar na época estival que van dende a última semana de xuño ata a primeira de setembro, cada quenda contará cun total de 50 prazas. Trátase dun espazo de conciliación destinado a crianzas entre 3 e 16 anos.
4 de maio, Soutomaior. Desde o Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Igualdade, ponse en marcha o programa Espazo Concilia: Trouleando en Soutomaior, destinado á conciliación da vida familiar e laboral durante os períodos non lectivos da escola para as familias do Concello de Soutomaior.

Un programa que vai dirixido ás crianzas empadroados/as no Concello de Soutomaior de entre 3 e 16 anos de idade.
O horario deste Trouleando en Soutomaior, para todas as idades, é de 9 da mañá ás 14:00h, pero existe a posibilidade de entrar ás 8:00 h. (aula matinal) e de saír ás 15:00 h . Polo tanto existen 4 horarios a escoller: opción 1: de 9 a 14:00 h. ; opción 2: de 8 a 14:00 h.; opción 3: de 8 a 15:00 h.; opción 4: de 9 a 15:00 h.

Este programa está subvencionado polo Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade, a través da consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

En relación ás inscrición e a asignación de prazas: a inscrición das solicitudes pode facerse dende hoxe 4 de maio e ata 15 deste mes por rexistro a través da sede electrónica en: https://soutomaior.sedelectronica.es/catalog/t/22bc197e-7a5c-42e1-9a9c-3caad3d863bd. Se algunha familia precisa axuda para solicitar e realizar a inscrición pode facelo nas oficinas do concello e do Centro de Benestar Integrado (Multiúsos) en horario de 9:00 a 14:00h.

O Campamento desenvolverase durante a última semana de xuño, os meses de xullo e de agosto e a primeira semana de setembro, ata o inicio do curso escolar, no edificio Multiúsos de Arcade. Desta forma contará coas seguintes quendas: 1º QUENDA do 22 – 30 xuño baixo o título MISIÓN EXPLORACIÓN; 2ª QUENDA do 1 – 15 xullo baixo o título EXIPTO DIVERTIDO; 3º QUENDA do 16 – 31 de xullo baixo o título INVENTOS IBÉRICOS; 4º QUENDA do 3 – 14 de agosto baixo o título LABORATORIO DAS CURIOSIDADES; 5º QUENDA do 17 – 31 de agosto baixo o título UN DÍA DE CINE e 6º QUENDA: do 1 de setembro – ata o inicio do curso escolar. Baixo o título COMPARSA DE FANTASÍA”. Cada quenda contará cun total de 50 prazas.

Valoracións e puntuación

Asignaranse as prazas segundo criterios de vulnerabilidade, acreditándose no momento da inscrición: familias empadroadas ou que traballen no termo municipal; familias monomarentais / parentais; mulleres en situación de desemprego; vítima de violencia de xénero; perceptoras de rendas de integración, subsidios ou prestacións similares; familias con diversidade funcional; familias numerosas e renda por debaixo dos 23.000 euros.

A documentación a presentar na plataforma durante a inscricións será: DNI da crianza (de non dispoñer del, fotocopia do libro de familia), DNI[s1.1] da nai e o pai, tarxeta Sanitaria das crianzas, nómina ou certificado que acredite o exercizo da actividade en Soutomaior (no caso de non padrón), no caso de separación: Sentenza ou convenio regulador, a solicitude debe ser presentada pola persoa proxenitora que teña a custodia no período da actividade, follas de autorizacións, certificado familia Monomarental/parental, certificado familia Numerosa, certificado Discapacidade, resolución Dependencia ou certificado de persoa coidador, situación laboral: última nómina ou RETA e a declaración da Renda da unidade familiar.

Comparte este artigo