Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O Concello reforza o protagonismo de Etiqueta Negra, a feira do gourmet...

O Concello reforza o protagonismo de Etiqueta Negra, a feira do gourmet galego, que volve a Pontevedra do 9 ao 11 de novembro

- Anuncio -

A feira promovida pola Concellaría de Promoción Económica ten aberta a comercialización de stands da cita imprescindible do sector gourmet galego.

Os días 9, 10 e 11 de novembro Pontevedra volverá a converterse no epicentro do gourmet galego coa celebración dunha nova edición Etiqueta Negra. O Concello de Pontevedra quere reforzar o protagonismo desta feira dentro do calendario expositivo municipal, para converter á cidade do Lérez en referente galego dos produtos gourmet.

Etiqueta Negra vén de iniciar a comercialización de stands para participar como expositor. Todos aqueles produtores de alimentos e bebidas de calidade feitos en Galicia teñen as portas abertas á única feira dedicada exclusivamente aos produtos de alta gama galegos.

A Concellaría de Promoción Económica, que dirixe Anabel Gulías, busca que Etiqueta Negra volva a ser unha cita ineludible no calendario feiral galego, xa que convoca cada ano no Recinto Feiral de Pontevedra a empresas e produtores, a profesionais da alimentación, da restauración e da distribución, así como a consumidores. Para as firmas expositoras trátase dunha oportunidade única para xerar relacións comerciais, propiciar o contacto directo, descubrir novos clientes e difundir a excelencia dos produtos gourmet e delicatessen galegos.

O Concello agarda que a edición deste ano volva a converterse nun éxito de asistencia, xere negocio para as empresas participantes e siga contribuíndo a destacar a singularidade, a orixinalidade e a maior calidade dos produtos de Galicia.

Xunto á actividade da zona expositiva, en Etiqueta Negra desenvolveranse ademais espectáculos de cociña en directo, charlas, presentacións de empresas, de produtos e de novas liñas gourmet, degustacións, demostracións, exhibicións, catas comentadas e outras moitas actividades que se van suceder durante os tres días que dura o evento.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas