Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Baixo Miño O concerto de Las Antonias pechara musicalmente á xornada Orgullo e punto

O concerto de Las Antonias pechara musicalmente á xornada Orgullo e punto

- Anuncio -
A alameda de San Domingo acollerá este sábado un evento cheo de creatividade, diversidade, inclusión … dirixido a toda a familia

Ultímanse os detalles para “Orgullo e punto” a xornada que terá lugar este sábado, 1 de xuño, dende ás 10.30 h, na Alameda de San Domingos de Tui que estará chea de creatividade, diversidade, inclusión… e que vai dirixida a toda a familia. A organización corresponde ao Concello de Tui e TejeTui.

Persoas de toda Galicia achegaranse a esta cita que ten o seu un punto de encontro na actividade de tecer, con espazos creados neste entorno natural á beira do Miño para dar renda solta á creatividade. Pero haberá oco tamén para continuar aprendendo cos talleres de calcetíns preciosos con MyR, de bolso brilli-brilli con Ay Carmela, de carteira wow bargello con Simedalana, a masterclass de Lanolina Knits de bordado sobre prendas de puntos. Tamén se contará cun punto interactivo cunha demostración da técnica do fuso no posto de Hilokune Logano, e outro para realizar un “chaveiro orgulloso” a crochet no posto de Cucapuntoes.  E os máis pequenos poderán iniciar nesta actividade cos talleres infantís para a elaboración dun cestiño de lá con Madejas Tejerlo.

Amais haberá contacontos sobre diversidade con Isabel Porto e A Fada do Aloia. Participará no evento o  Profesor Woky cun espectáculo de maxia, haberá un obradoiro de corrección postural a hora de tecer a cargo da osteópata María Rosa Lorenzo, e tamén se realizarán sorteos… Na xornada haberá unha feira con 15 postos de artesáns de toda Galicia, apoiando á comunidade teceril de Tui e dos arredores.

Non faltará un Espazo Gastronómico no que estará presente a foodtruck Ruta 82, e os posto de Vionkas e Milo Pulpeiros.

A música será protagonista ao longo da xornada coa actuación ao mediodía do artista Nuno Louro que interpretará versións de GunsNRoses, BryanAdams, Eagles, ou Cold Play, entre outros.

Pechará a xornada o concerto de Las Antonias, a banda galega formada por Ana Lee, Elena García-Fresca, Marina Gundín, Raquel Huete, Lorena do Vinteún, e Marta Figueiredo. Presentarán o seu novo espectáculo “Boleros y Otras Delicias” no que dan novas letras a melodías antolóxicas falando dunha sociedade máis inclusiva e respectuosa.

Así a Alameda de San Domingos será este sábado un espazo diverso e respectuoso, promovendo a convivencia e igualdade para todas as idades cun amplo programa de actividades ao longo do día.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas