O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

adminON
Lectura mínima de 2
  • As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmo
  • As obras, cuio importe ascendeu a 149.945,86€.- foron finaciadas ao abeiro dun convenio asinado con Sogama.

O Concello de Arbo, da por rematadas as obras de “Rede de saneamento en Ponte Cabaleiros (Estrada Autonómica PO 400 ente o P.Q. 16+810 e o P.Q. 17+315)”,  obras de interese público relacionadas co medio ambiente na contorna do Concello, dotando así aos barrios de PonteCabaleiros e Urzal da parroquia de Barcela, de este servizo do que carecian.

O Concello de Arbo e Sogama asinaban un Convenio de Colaboración con data  data 17.02.2023  por importe de 150.000,00 € (impostos engadidos), para a realización das devanditas obras que deron comezo a principios do ano 2023 despois de acadar todos os permisos das administracións afectadas.

Desde a nosa chegada ao goberno, nos comprometiós a investir en todos os barrios de Arbo,  mellorando o abastecemento de auga e o saneamento – informa o alcalde, Horacio Gil – E dotar de saneamento a estes barrios de Barcela, era un compromiso adquirido cos veciños e veciñas de Barcela

O orzamento base de licitación ascendeu á cantidade  de 149.945,86 € (IVE  do 21% incluído que ascende a 26.023,66 €)   e as obras incluídas no proxecto  resolveron os problemas para  dar un servizo digno a unha serie de vivendas situadas no lugar de Ponte Cabaleiros e Urzal.

Coa aceptación da obra, o Concello de Arbo, da por rematada esta actuación na parroquia de  Barcela.

Comparte este artigo