O dúo cómico Mofa & Befa recuperan a Castelao como a súa persoal proposta de “Os dous de sempre” no Centro Cultural de A Guarda

Redacción
  • Este venres 29 de maio ás 21:00 horascon entrada de balde ate completar o aforo

O Centro Cultural de A Guarda acollerá o este venres, 29 de maio, ás 21:00 horas, a representación de Mofa & Befa “Os Dous de Sempre”, o novo espectáculo da compañía Producións Teatrais Excéntricas con dirección de Quico Cadaval.

O espectáculo supón o encontro de dúas das figuras máis queridas do humor galego, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, xunto con Josito Porto, para dar vida ás icónicas personaxes de Castelao: Pedriño e Rañolas, Os Dous de Sempre. Dúas figuras antagónicas e complementarias —o soñador idealista e o prudente materialista— que Castelao concibiu como dúas metades dun mesmo corpo.

Producións Teatrais Excéntricas consolidou nos últimos anos un percorrido singular adaptando para o teatro grandes figuras da literatura galega —con máis de 120 funcións polas catro provincias—, e parando con algunhas delas pola nosa contorna como foi o caso de “O Porco de Pé” de Vicente Risco. Agora mergúllanse no universo humorístico de Castelao para explorar a fonda tradición cómica galega e para render tributo ao ilustre escritor, ilustrador e pensador galego.

A obra, con dramaturxia de Carme Varela e Quico Cadaval, foi estrea o pasado outubro de 2025 no Auditorio Municipal de Rianxo e percorreu desde entón a xeografía galega cunha longa xira que incluiu prazas como Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela ou A Coruña, sendo A Guarda unha das últimas datas confirmadas desta tempada.

Esta actividade ven financiada dentro da Liña 2 do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra

FICHA ARTÍSTICA

Título: Mofa & Befa: Os Dous de Sempre, inspirada na obra de Castelao

Elenco: Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Josito Porto

Dramaturxia: Carme Varela e Quico Cadaval

Dirección: Quico Cadaval

Espazo escénico e lumínico: Baltasar Patiño

Dirección musical: Bernardo Martínez

Comparte este artigo