O escritor local Anxo Rodríguez inaugura mañá a Feira do Libro de Ponteareas exercendo de pregoeiro

Redacción

O evento literario terá lugar do día 9 ao 12 de xullo contando cun total de nove librerías participantes

Os xardíns da Xiralda acollerán mañá, as 20.00 horas, o acto inaugural da décima edición da Feira do Libro de Ponteareas, no que o escritor novel local Anxo Rodríguez exercerá de pregoeiro. A feira pode ser visitada dende mañá e ata o domingo, día 12, baixo a organización da Federación de Libreiros de Galicia e contando coa colaboración do Concello de Ponteareas, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.  

No acto inaugural estará presente o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, o deputado provincial, Pablo Castillo, e tamén haberá representación da Federación de Libreiros de Galicia, ademais da alcaldesa, Nava Castro. O último en tomar a palabra e dar o pistoletazo de saída oficial á feira será Anxo Rodríguez, que ven de publicar a súa primeira novela, baixo o título de “La última carta a casa”.

Si por algunha cousa destaca esta feria e por acoller numerosas actividades, como son presentación de libros, recitais ou teatro. Sen ir máis lonxe, o xoves, primeiro día de feira, a xornada comezará ás 18 horas cun obradoiro para nenos, baixo o título “Guía dos seres fantásticos que viven en Galiza sen que talvez o saibas”. Será as 20:00 horas cando teña lugar a presentación oficial.

Sinaturas de libros

Aínda que o punto álxido da primeira xornada será ese acto inaugural, a actividade nas casetas das librarías xa será visible antes de esa hora, coas sinaturas de libros. As 18.30 serán catro as que teñan lugar, destacando a do pregoeiro local Anxo Rodríguez, coa súa obra “La última carta a casa” na caseta da libraría Sherwood. A esa mesma hora asinan Isabel Porto, coa obra ¿Quién robó el tiempo?” na caseta da libraría Porto, Samuel Ferro con “Abismo bajo las luces” na caseta da libraría Ledo, e Alba López que asina “Nándinor”, “La leyenda de Noa” e “Glesea” na caseta da libraría Uróboros.

As 19 horas será o turno para a presentación do libro de Loli Rodríguez, baixo o título Nailía”. As 20:30 horas asina o seu libro “Ni paraiso ni mierdas” Ena Beisly, na caseta da libraría Porto. Destacar tamén desta primeira xornada a presentación do libro ”Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía”, da coñecida xornalista e escritora María Xosé Porteiro, prevista para as 21:00 horas.

Comparte este artigo