Home A Paradanta A Cañiza O GDR Terra e Auga e a EFA A Cancela asinan un...

O GDR Terra e Auga e a EFA A Cancela asinan un convenio dentro do proxecto Aula-Empresa

- Anuncio -

Facer produtivas as sinerxias, aliarse para potenciar os recursos do territorio e dinamizar socioeconómicamente os dez concellos do GDR Terra e Auga son algúns dos principios que respaldan o día a día do Grupo de Desenvolvemento Rural Terra e Auga.

Nesta liña de traballo, o presidente do GDR Terra e Auga, Pablo Castillo, e a presidenta da EFA A Cancela, María del Carmen Gil, veñen de asinar un convenio de colaboración dentro do proxecto Aula-Empresa. Baixo este programa o alumnado da EFA A Cancela, localizada nas Neves, coñece o traballo diario de distintas empresas, entidades e organizacións dos dez concellos, A Cañiza, As Neves, Arbo, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño.

Grazas a esta alianza o alumnado do ciclo de Formación Profesional de Administración achegarase ao funcionamento do GDR Terra e Auga e ao longo dunha semana por trimestre e poderá coñecer a metodoloxía de traballo, aprender novos conceptos, tramitación e a xestión dun grupo de desenvolvemento rural e a potencialidade conxunta dos concellos do grupo.

Esta iniciativa permite ademais que as e os estudantes do territorio se acheguen a un organismo de carácter supramunicipal que aborda liñas de traballo e perspectivas globais capaces de conectar e coordinar a emprendedores, empresas, actores sociais, culturais, artísticos, agrarios e medioambientais, entre outros, a través dun exercicio diario de cooperación e coordinación.

O alumnado da EFA A Cancela completará a súa formación colaborando no traballo en equipo que supón a xestión do GDR Terra e Auga ao tempo que “nos enriquecerá coa súa aportación e coñecementos”, matiza o presidente do GDR Terra e Auga, Pablo Castillo, “sendo a mocidade un público co que queremos traballar e que sempre temos presente no deseño das nosas accións porque son o futuro e as persoas que deben coñecer e formarse para apostar polo noso territorio”.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas