Home Pontevedra O Goberno local confirma a veciños e comerciantes que non modificará o...

O Goberno local confirma a veciños e comerciantes que non modificará o Peprica e non devolverá o centro histórico aos anos noventa

- Anuncio -

A tenente de alcalde, Eva Vilaverde e o concelleiro de Urbanismo, Alberto Oubiña mantiveron un encontro onte pola tarde coa Asociación de veciños Santa María e co Centro comercial urbano Zona Monumental que lles solicitaron facer unha aplicación máis rigorosa do Peprica.

A tenente de alcalde Eva Vilaverde e o concelleiro de Urbanismo, Alberto Oubiña mantiveron onte unha reunión coa asociación de veciños Santa María, representada entre outros pola súa presidenta, Pilar Señoráns, e coa asociación de comerciantes Zona Monumental, representada polo seu presidente, Miguel Lago, para abordar a pretensión dos grupos da oposición municipal, PP e PSOE, de modificar o Plan especial do centro histórico (Peprica) para dar cobertura a accións ilegais e ilegalizables realizadas por algúns establecementos de lecer nocturno.

O Goberno local deixou claro tanto a veciños como a comerciantes que mentres o BNG estea na Alcaldía non se modificará o Peprica con ese obxectivo, xa que suporía perder a harmonía da convivencia acadada en máis de 20 anos de transformación.

De feito, os representantes do Goberno escoitaron as peticións dos residentes que se resumen en facer unha aplicación máis rigorosa do Peprica para manter un centro histórico vivo. Ademais, trasladáronlle o seu malestar porque os partidos políticos que levan a pleno a modificación do Plan especial non tiveron en conta aos residentes do centro histórico, nin se puxeron en contacto con eles para informarlles das súas pretensións, que non son outras que dar cobertura a accións ilegais.

Eva Vilaverde e Alberto Oubiña confirmáronlles que o Goberno local está en absoluta sintonía con eles, que defenderá sempre a sensíbel convivencia do centro histórico -a xoia da coroa da cidade-, e que non vai consentir que se volva á década dos anos noventa.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas