Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O goberno local saca a licitación reasfaltados en viais por 250.000 euros

O goberno local saca a licitación reasfaltados en viais por 250.000 euros

- Anuncio -

As actuacións mellorarán a seguridade viaria en pistas en Muíño, Paredes, Cavadachán, Croas e Sabaxáns, que contarán con canalización de pluviais

 O goberno local saca a licitación obras de reasfaltado de viais nas diferentes parroquias por un a importe global que supera os 250.000 euros. Mentras en Muíño (Santa Cristina), Paredes e Cavadachán (San Martiño) se financiarán con cargo ao plan +Provincia, da Deputación, en Croas e Sabaxáns (Bértola) será o Concello con fondos propios quen asuma os traballos.

Trátase de viais transversais e pequenos ramais que presentan no seu firme un avanzado estado de deterioro e que requiren unha actuación urxente que garanta a calidade tanto do tráfico viario como da seguridade dos peóns polo que o obxectivo principal destas actuacións é renovar o firme existente e canalizar as augas pluviais de cara a unha maior durabilidade do asfaltado.

En Cabadachán as actuacións proxectadas consistirán por unha parte na mellora da recollida de augas pluviais, executándose obras de drenaxe lonxitudinal coa renovación total e parcial de cunetas, medios canos e tubaxes de recollida de auga e por outra, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria, na medida do posible ampliarase a sección da calzada gañando a superficie dalgúns sobreanchos. Por último renovarase a capa de pavimento cunha nova de aglomerado en quenta de 5 centímetros de espesor.

En Paredes as actuacións proxectadas consistirán na regularización da superficie actual e a execución dun novo firme de aglomerado en quente. Tamén se ampliará a sección da calzada gañando algúns sobreanchos.

En Muíño, na parroquia de Santa Cristina de Cobres, mellorarase a recollida de augas pluviais, executaranse obras de drenaxe lonxitudinal coa renovación total e parcial de cunetas, medios canos e tubaxes de recollida de auga; sumaranse sobreanchos á sección da calzada e extenderase unha nova capa de aglomerado en quente.

No caso de Croas e Sabaxáns, en Bértola, o Concello asume con fondos propio un investimento de 43.020 euros para solventar o deficiente estado de dúas pistas coa limpeza e apertura de taxeas para o drenaxe das pluviais e a instalación de canaletas, reasfaltado das pistas e sinalización horizontal e vertical.

Por outra parte, o alcalde de Vilaboa supervisou os traballos de mellora de varios muros de contención danados polos temporais de do inverno anterior e que foron reforzadas a través dunha subvención concedida pola Deputación de Pontevedra. As actuacións levaronse a cabo na Cardiña (San Adrián); en Magarella (Santa Cristina); en O Río (Vilaboa); en Paredes, O Souto; en Alcouce (Figueirido); en Outeiro (Bértola) e na Graña.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas