O Negocio “Carnicería  A Deliciosa” faise co primeiro premio do Concurso de Escaparates do Corpus de Ponteareas

Redacción
  • No acto de entrega de premios o concelleiro de Comercio, Ricardo González, salientou a importancia do tecido comercial como dinamizador económico e social.

O concelleiro de Comercio, Ricardo González, entregou os premios do Concurso de Escaparates do Corpus, organizado polo Concello de Ponteareas, nun acto celebrado no salón de plenos da Casa do Concello.

O xurado, integrado polo mestre florista e artista multidisciplinar, Carlos Curbelo, xunto co deseñador José Vidal, dictaminou que o escaparate máis creativo foi o da “Carnicería A Deliciosa”, facéndose, por tanto, co primeiro premio. O 2º premio foi para a “Peluquería Coken Hair” e o 3º para a “Mercería Calceta”.

Con este concurso o Concello de Ponteareas premiou aos comercios da vila pola súa creatividade á hora de deseñar a decoración nos seus escaparates, contribuindo a aportar un maior colorido a unha festa tan relevante para a cidade.

Ricardo González destacou “a orixinalidade dos escaparates”, ademais de amosar o seu agradecemento aos establecementos participantes, “sumándose ás propostas que o Concello pon en marcha, buscando dinamizar a vila e fomentar as compras”.

Comparte este artigo