O concerto será ás 21:30 horas no auditorio ao aire libre de A Foz con entrada de balde. Ao mediodía, o saxofonista estadounidense ofrecerá unha masterclass no Auditorio Municipal aberta a todo músico interesado
Abe Rábade subirá ao escenario do Nigranjazz xunto a Masa Kamaguchi ao contrabaixo, Bruno Tavares á batería e o mencinado John O’Gallaguer ao saxo
O ‘Nigranjazz’ organizado polo Concello de Nigrán pecha este sábado 18 de xullo ás 21:30 horas no esteiro de A Foz a súa vinte edición co concerto de ‘Abe Rábade Trío’ xunto ao afamado saxofonista estadounidense John O’Gallagher. O festival, sempre con entrada libre, clausura así tres días consecutivos de concertos nos que subiron ao escenario ao aire libre a vocalista norteamericana Gretchen Parlato e a banda de Ámsterdam ‘Eclipse’. A continuación, no mesmo lugar, terá lugar a jam-session con Jazz Avengers abríndoa. O Nigranjazz conta con Cervezas Banda como patrocinador, marca local que, un ano máis, colabora xunto a Deputación de Pontevedra a través do Plan + Provincia
Igualmente, hoxe ao mediodía (12:30 horas, Auditorio Municipal) terá lugar a tradicional masterclass dirixida a músicos e afeccionados, neste caso a cargo de O´Gallaguer, un dos pedagogos máis influentes do panorama jazzístico actual avalado por unha intensa traxectoria docente en prestixiosas institucións de Europa e Estados Unidos (o custe é de 15 € e a inscrición pode facerse a través dun formulario web en www.nigran.org).
Abe Rábade (Santiago de Compostela,1977) é compositor e pianista, licenciado en Jazz Composition e Piano Performance polo Berklee College of Music de Boston en 1999. Conta con 15 álbums publicados e é autor de máis de 200 composicións musicais. Traballa ademais no ámbito educativo, sendo codirector artístico do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e profesor na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo (ESMAE) de Porto (Portugal) e no Centro Superior de Música de Galiza (CSM Galiza) de Valga (Pontevedra). Foi galardoado con numerosos premios, entre os que destacan o Premio Tete Montoliú á Pianista Revelación en España, concedido pola Sociedade Xeral de Autores de España (SGAE/SGAE) , o Claire Fischer Award do Berklee College of Music e o Piano Performance Award do Berklee College of Music. Abe Rábade subirá ao escenario do Nigranjazz xunto a Masa Kamaguchi ao contrabaixo, Bruno Tavares á batería e o mencinado John O’Gallaguer ao saxo. O concerto vén patrocinado polo ciclo Artistas en Ruta Jazz da AIE.
John O’Gallagher. Naceu o 8 de novembro de 1964 en Anaheim, California, é un saxofonista e compositor de renome internacional. A súa carreira abarca trinta anos vivindo en Nova York (1988-2018) e case unha década en Europa (actualmente reside preto de Lisboa, Portugal). Actuou xunto a algúns dos músicos máis salientables do jazz, como Joe Henderson, Kenny Wheeler, Maria Schneider, Tyshawn Sorey, Tony Malaby, Andrew Cyrille, Michael Formanek, Kris Davis, entre outros. Con máis de 80 CD gravados (13 como líder), tres das súas gravacións recibiron nomeamentos aos Premios Juno, dous aos Premios Grammy e unha foi galardoada cun Grammy.
“Despois de 20 anos de jazz de primeiro nivel, o Nigranjazz é xa un referente en toda España”, sinala o alcalde, Juan González, quen incide en que, paralelamente, “Nigrán está a contribuír a que exista esta grandísima canteira de músicos galegos que se inician aquí como público”.
Como cada ano, o público poderá charlar desenfadadamente cos músicos asistentes ou consumir comida ou bebida mentras asiste aos concertos. Ademáis, estarán á venda camisetas deste edición e discos e haberá unha exposición ao aire libre cos 20 carteis de cada edición. Como xa é habitual, será un festival inclusivo que disporá de mochilas vibratorias para toda aquela persoa xorda que o solicite previamente no mail info@entresignos.com ou no whatsapp 690679675.
Historia do festival
O Nigranjazz cumpre 20 anos sendo o festival máis lonxevo organizado dende o Concello de Nigrán e o único adicado ao jazz de toda a comarca do Val Miñor. Actualmente está considerado entre músicos, afeccionados e prensa especializada como un dos mellores do noroeste peninsular debido á calidade dos artistas que nel participan e polo ambiente que nel se respira. Sempre con entrada gratuíta, celébrase no espazo clasificado na Rede Natura do esteiro de A Foz, na Ramallosa, dende que en 2007 o impulsasen veciños de Nigrán entusiastas desta música apoiados polo Concello de Nigrán a través da Concellería de Cultura que dirixía o actual alcalde Juan González, manténdose activos na organización co músico Felipe Villar á cabeza. Desde entón, conseguiuse achegar a Nigrán a algúns dos mellores artistas a nivel internacional, por el desfilaron, entre outros, Peter Bernstein, Gilad Hekselman, Bill McHenry, Jorge Rossy, Marteen Hogenhuis, Joe Martin, Chris Cheek, Kurt Rosenwinkel, Jean Michel Pilc, Eve Cornelious, Aaron Parks… Pero non hai que esquecer que o festival é tamén un espazo para os cada vez máis e mellores músicos de jazz galegos, así, é xa tradición que se integren nas formacións internacionais músicos locais, compoñendo agrupacións en exclusiva para o evento e dando a oportunidade aos músicos de aquí de presentar os seus traballos. A master-class protagonizada por algún dos artistas máis destacados de cada edición e o festivai de carteis adicado ao falecido Quin Alborés (quen deseñou os 3 primeiros carteis) e outra parte intrínseca do festival.

