- Despois de case dous anos de negociacións, o Diario Oficial de Galicia publicou a transferencia da Rúa Xosé Solla, Rolexio Landeiro e Calvario, o tramos da PO 264 que vai dende a ponte de Ponte Sampaio ata o cruce da Feira de Arcade.
- Estas rúas, a pesar de constituír o núcleo urbano de Arcade, era propiedade da Xunta de Galicia ata a actualidade.
Dende a chegada ao concello o actual Goberno de Soutomaior iniciou os trámites para a transferencia das rúas Xosé Solla, Roxelio Landeiro e o Calvario. Rúas que constitúen os da PO 264 que vai dende a ponte de Ponte Sampaio ata o cruce da Feira de Arcade.
Tal e como dixo nesta xornada o alcalde, Manu Lourenzo, “cando entramos no Goberno entendemos que era necesario actuar no núcleo urbano de Arcade, unha zona que levaba décadas sen investimentos e que no caso de rúas como Xosé Solla e Roxelio Landeiro presentaban un importante estado de deterioro”. O alcalde explicou nesta xornada que estas rúas non eran propiedade do concello senón da Xunta de Galicia, o que significa que o concello non tiña capacidade para actuar sobre elas.
Deste xeito, o alcalde, Manu Lourenzo, iniciou dende hai máis de dous anos as negociacións coa Xunta para que este organismo transferise a titularidade destes tramos da PO 264 ao concello de Soutomaior. A negociación comezou a abrirse camiño na delegación da Xunta de Vigo na reunión mantida, no pasado mes de outubro, coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz e co director territorial na provincia de Pontevedra, José Manuel Gómez González aí comezou a abrirse paso esa posibilidade de transferencia. Tempo despois, explicaba o alcalde, o acordo contemplou que a Xunta acometería obras de mellora e humanización no tramo comprendido entre Ponte Sampaio e Fonte do Conde e que coa titularidade das rúas, o concello se puidese presentar, entre o tramo de Fonte do Conde e Roxelio Landeiro, para o proxecto de humanización e arranxo ao Plan Extra da Deputación de Pontevedra.
O alcalde Manu Lourenzo ten claro que “con esta transferencia Arcade da un paso de xigante que lle permitirá modernizar o seu núcleo urbano e adaptalo aos tempos actuais. Todos os concellos da contorna están traballando en proxectos similares de arranxo e humanización dos núcleos urbanos e Soutomaior estaba a quedar atrás, grazas a esta xestión poderemos levar adiante obras que levaban máis dunha década sendo necesarias, queremos agradecer a colaboración de todas as administracións para facer posible estas actuacións que permitiran unha mellora importante da calidade de vida da veciñanza e dos negocios locais. “

