- “É incrible que en pleno século XXI haxa veciños do concello de Pontevedra que non teñan auga”, indica o líder do PP de Pontevedra
- “Esiximos a Lores que cumpra co rural. Tanto Cerponzóns como o resto de parroquias están abandonadas”, tanto por Lores como polo resto de concelleiros
O presidente local do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, reuniuse onte con veciños do lugar de Cunchido, en Cerponzóns, que lle trasladaron a súa preocupación pola recurrente falta de auga que sofren dende o mes de agosto. Acompañado polos concelleiros Pepa Pardo e Martín Martínez, Domínguez escoitou a problemática que viven un grupo de veciños que dende fai varios meses pola escaseza de auga e que para moitos está a supoñer un grave perxuizo.
Para o responsable do PP de Pontevedra, resulta “incrible” que en pleno século XXI existan puntos do rural de Pontevedra que non dispoñan de auga pola escaseza que se está a vivir nos últimos meses “e que nin o alcalde nin ningún dos seus concelleiros se preocupe pola situación”. Lores ten que cumprir co rural con algo tan básico como “dar auga aos veciños. Cerponzóns e o resto de parroquias do rural están abandonadas”, indica
“Esiximos a Lores que cumpra co rural” e que de unha solución á veciñanza afectada pola escaseza de auga dende fai dous meses. Para o Partido Popular, a auga é un ben básico e primordial en calquera casa, por iso destaca a gravidade dun asunto que non permite facer vida normal ás familias nas súas vivendas e que semella que Pontevedra retrocede no tempo ata principios do século pasado.
“Nin Lores nin ningún dos seus concelleiros se dignou a achegarse ata Cerponzóns para coñecer de primeira man o problema que están a vivir as familias”. O Partido Popular considera que o Goberno de Lores debería respectar a todas as parroquias por igual e que, do mesmo xeito que se extendeu a traída municipal a lugares de Marcón e Tomeza nos últimos anos, o Concello debería de continuar ampliando a rede municipal de abastecemento de auga potable, un servizo básico, ao resto dos núcleos de poboación do rural.
Hai que entender que a maioría das aldeas se abastecen a través de traídas veciñais xestionadas polos propios veciños e que cada vez teñen que cumprir con máis requisitos para garantir un abastecemento de calidade aos usuarios. Sen embargo, o problema do envellecemento da poboación do rural fai que cada vez lle resulte máis complicado ás persoas maiores facerse cargo das Comunidades de Usuarios de Auga.
Esta cuestión exténdese cada vez máis máis polo rural de Pontevedra “debido á ineficaz xestión de Lores que non é capaz de sacar adiante un novo Plan Xeral”, explica Domínguez, que permita construír máis nas parroquias coa posibilidade de acollida de novas familias que queiran iniciar una vida fóra da cidade. Esta savia nova permitiría dar apoio en novas tecnoloxías e trámites administrativos ás persoas do lugar de maior idade que xa coñecen o funcionamento das traídas e que peinan á perfección o traballo de campo.

