O pavillón municipal de Panxón acolle este sábado o XIII Torneo de Xadrez “Dani da Rocha Prol”

Redacción

Dani Da Rocha Prol formaba parte da canteira do Club de Xadrez Laroca de Nigrán cando no 2011 unha cardiopatía acabou coa súa vida

O Concello de Nigrán colabora un ano máis co club de xadrez Laroca para organizar este sábado 30 de maio no Pavillón Municipal de Panxón o XIII Torneo de Xadrez ‘Dani Da Rocha Prol’, pertencente ao XIX Circuíto Galego de Promoción. A competición, á que acuden 200 xadrecistas de toda Galicia, disputarase en formato Suízo a 7 roldas, con diferentes ritmos segundo a categoría (hay desde sub 8 a sub 20). Tódolos participantes recibirán un agasallo. O torneo comeza ás 11:00 e a última rolda terá lugar ás 18:30 horas.

Dani Da Rocha Prol formaba parte da canteira do Club de Xadrez Laroca de Nigrán cando no 2011 unha cardiopatía acabou coa súa vida. Desde entón, o Club, coa axuda da súa familia, amigos, Concello e empresas colaboradoras, organizan cada ano este torneo na súa memoria, constituíndo unha das maiores festas xadrecísticas da Galicia.

Comparte este artigo