● A oposición non quere que o concello teña un servizo de Protección Civil, como teñen os Concellos veciños.
● O PSOE da man do PP vota en contra da modificación do Polígono de Amoedo sen pensar nos veciños e veciñas buscando protagonismo e redito pólitico.
No último pleno municipal celebrado en Pazos de Borbén, o Alcalde Luciano Otero liderou con determinación un conxunto de propostas clave para o progreso e benestar da nosa comunidade. A pesar dos desafíos presentados pola oposición, Otero mantivo firmeza e resiliencia na defensa da súa visión para o concello.
Un dos puntos máis destacados foi a aprobación do convenio de colaboración para implementar Protección Civil en Pazos de Borbén. A pesar das discrepancias, Luciano Otero liderou incansablemente esta iniciativa que desafortunadamente foi rexeitada polo PP, o PSOE e o BNG, deixando ao noso concello como o único na comarca que non contará con este servizo vital de emerxencias, de nada serviron os esforzos do alcalde Luciano Otero por facerlles entender que Pazos de Borbén non e menos que os seus concellos veciños os cales xa dispoñen de este servicio.
A modificación puntual do polígono industrial de Amoedo foi o punto do día máis problemático, xa que o pleno de hoxe estaba ateigado de veciños e veciñas, sendo este punto unha proposta fundamental para o crecemento económico e a creación de emprego, atopou resistencia por parte da coalición PP-PSOE que se colleron da man e votaron en contra. Non obstante, Luciano Otero persiste no seu compromiso de converter Pazos de Borbén nun pobo atractivo para investimentos e desenvolvemento empresarial.
A coordinadora laboral compartida con Mondariz Balneario foi outro dos puntos de este pleno, na que o BNG abstívose ,(algo que non tiña ningún custe económico para o concello, no que o alcalde non entendeu a posicion do portavoz de este grupo) pero que foi aprobada polo resto dos grupos do pleno o que amosa a capacidade do Alcalde Otero para liderar incluso en situacións desafiantes, defendendo os intereses de Pazos de Borbén ante todo.

