O PP censura o “decretazo” de Lores para aprobar os orzamentos sen pasar polo pleno

adminON
Lectura mínima de 5

• Pardo mostra o seu rexeitamento a estas “políticas antidemocráticas dun alcalde incapaz de asumir o resultado das urnas e que tenta liquidar a debilidade do seu goberno pola porta de atrás, mediante decretazos que poderían conlevar que o orzamento sexa nulo de pleno dereito”

• A edil popular informa de que a Lei, a xurisprudencia e os informes emitidos polo servizo de Intervención municipal e polo Órgano de Xestión Orzamentaria apuntan a que “o alcalde carece de competencias para inadmitir ou desestimar as alegacións porque lle corresponde ao pleno”

Os concelleiros do Partido Popular de Pontevedra Pepa Pardo e Gerardo Pérez evidenciaron que a aprobación do orzamento municipal para 2024 foi “unha decisión unilateral” e “a golpe de decretazo por Lores” despois de inadmitir as alegacións ao documento e cadro de persoal do Concello.

A número dous do PP local ha explicado que “o alcalde carece de competencias para admitir ou inadmitir, estimar ou desestimar tales alegacións porque lle corresponde ao Pleno. Dio a Lei, a xurisprudencia e os informes emitidos polo servizo de Intervención municipal e polo Órgano de Xestión Orzamentaria”.

Unha sentenza do Tribunal Supremo do 13 de febreiro de 2015 abala que “unha vez aprobado inicialmente o proxecto, o Pleno decidirá soberanamente sobre as reclamacións formuladas polos cidadáns, se as houber. O Pleno da corporación aceptará ou rexeitará as reclamacións”. Así mesmo, os informes de Intervención municipal, do 13 de marzo e o 21 de marzo de 2024, apuntan a que “o órgano competente para resolver sobre as reclamacións presentadas e acordar a aprobación definitiva do orzamento corresponde ao Pleno Municipal”. O informe do Órgano de Xestión Orzamentaria do 13 de marzo de 2024 reflicte a mesma conclusión.

A teor dos informes emitidos, Pardo considera que a forma de proceder do alcalde é “impositiva e arbitraria”: “Nunha clara mostra de prepotencia e soberbia, Lores asinou o decreto, aprobando de maneira definitiva os orzamentos por considerar inadmitidas as alegacións, arrogándose unhas competencias que non lle corresponden e faltando o respecto aos cidadáns representados polo Pleno”.

O alcalde escúdase, para aprobar os orzamentos por esta vía, nun informe emitido polo Director Xeral de Urbanismo e Servizos Xerais, que é o único que se posiciona en contra do criterio do Tribunal Supremo e do disposto no artigo 169 da LOREG, alegando que, dado que os informes relativos ás alegacións propoñen a súa inadmisión, entende directamente aprobados os orzamentos.

Unha “interpretación que vai en contra do propio criterio inicial do Concello”, engadiu Pardo en referencia ao Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 14 de febreiro de 2024: “O orzamento do Concello de Pontevedra para 2024 e o cadro de persoal consideraranse definitivamente aprobados se, durante o citado prazo, non se presentaron reclamacións. En caso contrario, o Pleno dispoñerá dun mes para resolvelas”.

A concelleira popular ha lamentado que o goberno nacionalista haxa cambiado de criterio para evitar ter que levar os orzamentos a pleno unha vez máis. #Ante esta decisión “arbitraria” de Lores, o PP solicitou todos os informes relativos á súa aprobación por decreto.

“A nosa sorpresa foi maiúscula ao comprobar que non hai informes da Secretaría Xeral do Pleno nin de Asesoría Xurídica, para algo tan importante como é determinar se o alcalde pode arrogarse competencias que, legalmente, corresponden ao pleno. É un feito gravísimo”, engadiu.

Por iso, os populares rexistraron dúas solicitudes á Secretaría do Pleno e á Asesoría Xurídica do Concello para que “se emita un informe relativo a se, unha vez aberto o período de exposición pública dos orzamentos, formulándose alegacións ao mesmo, estas poden ser inadmitidas e/o desestimadas directamente por un órgano distinto ao Pleno, así como se procede a aprobación definitiva do orzamento e do cadro persoal, nestes termos, por un órgano distinto ao Pleno informen de quen é o órgano competente”, di o escrito presentado o 4 de abril.

Á espera das contestacións, o Partido Popular mostra o seu rexeitamento absoluto a estas políticas “antidemocráticas dun alcalde que é incapaz de asumir a derrota das urnas e que tenta liquidar a debilidade do seu goberno pola porta de atrás, mediante decretazos que poderían conlevar que o orzamento sexa nulo de pleno dereito”, avanzou a edil.

Comparte este artigo