O PP critica o atraso do plan de asfaltado municipal: “De tres meses de plazo pasamos a cinco, es un 66% más y los pontevedreses pagan las consecuencias”

Redacción
  • Pepa Pardo cuestiona a falta de “previsión e de supervisión” do BNG de Lores na execución dos traballos e reclama explicacións polas molestias que se prolongarán ata novembro
  • “Los pontevedreses necesitan un Gobierno local que haga su trabajo, que prevea los problemas y que supervise el cumplimiento de los contratos municipales”, afirmou

A concelleira do Partido Popular de Pontevedra Pepa Pardo criticou un atraso máis do Goberno municipal do BNG ao ter que ampliar en dous meses o prazo de execución do plan de asfaltado da rede viaria municipal, que pasa dos tres meses inicialmente previstos a cinco, ata o próximo 22 de novembro.

Para os populares esta ampliación evidencia “un problema de previsión e de supervisión” por parte do Concello de Pontevedra baixo a xestión do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, ao permitir que unhas obras necesarias pero que xeraron importantes molestias aos cidadáns se prolonguen durante dous meses máis.

“De tres meses de plazo pasamos a cinco. Es un 66% más de tiempo del previsto inicialmente. Y esto es consecuencia de una falta de responsabilidad a la hora de planificar, coordinar y supervisar los contratos municipales desde el Gobierno de Lores”, asegurou Pardo.

A concelleira do PP considera especialmente preocupante que o atraso afecte á planificación xeral dos traballos da rede viaria municipal, con actuacións que avanzan a distinto ritmo segundo as zonas e con especial demora nos asfaltados previstos nas parroquias do rural e nos polígonos industriais.

“A las molestias evidentes que ya están sufriendo los pontevedreses se suma ahora que van a tener que soportarlas durante dos meses más. Señor Lores, la supervisión es una obligación. Y la previsión también. Los pontevedreses no tienen por qué sufrir las consecuencias de que usted no esté haciendo lo que, como alcalde, debe hacer”, afirmou.

A popular advirte de que a nova data de finalización, fixada para o 22 de novembro, mantén abertas as incógnitas sobre o cumprimento do novo prazo, especialmente no caso das actuacións que acumulan maior atraso: “¿Y qué ocurrirá si las condiciones meteorológicas no acompañan? ¿Volveremos a tener que escuchar que hay que prorrogarlo?”, preguntou.

Para o PP de Pontevedra, a cuestión non é unicamente o atraso dunhas obras concretas, senón a forma na que o Goberno municipal está a xestionar un plan que afecta a numerosas vías da cidade e do rural e que ten unha incidencia directa na mobilidade diaria dos pontevedreses.

A concelleira popular reclama ao alcalde explicacións sobre as causas concretas que motivaron a ampliación do prazo e sobre as medidas adoptadas polo Concello para garantir que o novo calendario se cumpra.

“Ya está bien. Pontevedra y los pontevedreses necesitan un Gobierno local que haga su trabajo, que prevea los problemas y que supervise los contratos. No puede ser siempre el ciudadano quien pague las consecuencias de una mala gestión”, concluíu Pardo.

Comparte este artigo