O PP de Pontevedra esixe a Marlaska que free a discriminación á provincia en dotacións policiais trala reunión cos sindicatos SUP, JUPOL e CEP

Redacción
  • A senadora Pepa Pardo e o deputado nacional Pedro Puy recolleron as denuncias dos sindicatos sobre a falta de axentes, a escaseza de medios e o esquecemento do Ministerio do Interior.
  • Os populares trasladarán as demandas ao Congreso e ao Senado para frear o castigo sistemático de Marlaska a unha provincia que Interior mantén desprotexida e esixen que se deteña o aldraxe do Ministerio a Pontevedra.

A senadora do Partido Popular por Pontevedra, Pepa Pardo, e o deputado nacional, Pedro Puy, mantiveron unha reunión de traballo con representantes dos sindicatos policiais SUP, JUPOL e CEP. No encontro, os portavoces das forzas de seguridade trasladaron a súa fonda preocupación pola “degradación das instalacións” e a “falta de persoal” que sofre a provincia de Pontevedra, á que consideran prexudicada polos criterios de repartición do Ministerio do Interior que dirixe Fernando Grande-Marlaska.

Os parlamentarios do PP cualificaron de “alarmantes” os datos achegados polas organizacións policiais. Segundo as cifras oficiais do propio ministerio facilitadas polos sindicatos, mentres que nas provincias da Coruña (+29), Lugo (+30) e Ourense (+19) se incrementaron as instalacións e plantillas de axentes en xullo de 2026, a provincia de Pontevedra foi excluída por completo cun saldo de cero axentes novos.

Durante a reunión, os sindicatos policiais incidiron na falta de arredor de 350 efectivos en toda a provincia para poder garantir a seguridade cidadá de forma óptima. Hai unha disparidade de recursos inxustificable, e denunciaron que mentres cidades como A Coruña contan cun catálogo de 922 axentes para 251.543 habitantes, a área de Vigo-Redondela dispón de tan só 710 axentes para protexer a unha poboación maior, de 323.363 persoas (212 axentes menos para coidar a 71.820 cidadáns máis).

Os sindicatos denunciaron tamén que se os catálogos de postos de traballo son antigos e non responden en absoluto á realidade demográfica nin ás necesidades delituosas actuais da provincia. E, esta falta de previsión coincide cunha suba xeral da criminalidade na provincia. Preocupa especialmente o incremento exponencial das novas modalidades delituosas, reflectido nun aumento do 31% nas denuncias por ciberdelitos.

Na reunión precisaron tamén que hai falta de unidades especializadas, como a reivindicación histórica da creación dunha unidade de guías caninos en Vigo para loitar contra o tráfico de drogas, así como o reforzo da Unidade de Prevención e Reacción (UPR) en Vigo ou a creación dunha nova en Pontevedra.

Deron traslado tamén do abandono das pequenas comisarías e indicaron que localidades como Marín, Vilagarcía, Tui, Salvaterra ou Lalín sofren con dureza a falta de efectivos. A falta de patrullas nas rúas deixa as zonas operativas de investigación desprotexidas ante o cibercrime ou o narcotráfico transfronteirizo con Portugal.

Ademais criticaron a faltan de investimentos, xa que mentres se invisten millóns de euros noutras comunidades, as instalacións da Policía Nacional en Pontevedra seguen a deteriorarse, e puxeron de exemplo as comisarías locais de Marín e Vilagarcía que padecen graves carencias e un progresivo deterioro das súas instalacións., e localidades como Tui, Salvaterra ou Lalín sofren con dureza a falta de efectivos, e esta falta de patrullas nas rúas deixa as zonas operativas de investigación desprotexidas ante o cibercrime ou o narcotráfico transfronteirizo con Portugal. Ademais, lamentaron a falta de investimentos, xa que mentres se invisten millóns de euros noutras comunidades, as instalacións da Policía Nacional en Pontevedra séguense a deteriorar.

A senadora Pepa Pardo denunciou que “o Goberno de Pedro Sánchez mantén desprotexida á nosa provincia e esixe que se deteña o aldraxe do Ministerio a Pontevedra, algo totalmente irracional ante o aumento da delincuencia”.

Pola súa banda, Pedro Puy comprometeuse a rexistrar iniciativas parlamentarias de urxencia tanto no Congreso como no Senado para esixir que o vindeiro aumento de catálogos policiais priorice ás comisarías pontevedresas que foron esquecidas.

Comparte este artigo